exposición
A Casa da Cultura de Burela acollerá deste este mércores, 27 de marzo, ata o 26 de abril unha exposición titulada “Coidados na diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España”
Poderá visitarse de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas. E a inauguración será este mércores, 27 de marzo, ás 18:00 horas.
Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, destaca a importancia desta exposición, na que se retrata “o papel da muller caboverdiana na nosa comunidade.“Convidamos a toda a veciñanza a que veñan ver esta etnografía fotográfica”.
Por outra banda, Mario Pillado, concelleiro de Inmigración e Cooperación, sinala que para o Concello “é moi importante ter acceso a este contido e mostralo, posto que nos achega máis a todas como comunidade. É impensable coñecer e...
leer másO Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.
A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.
O complexo cultural RegalXunqueira, no municipio de Viveiro, acolle desde este venres, 1 de marzo, ata o 31 deste mes unha exposición de pinturas do artista Xolo titulada “Arte con Futuro”.
Xosé López Losada, de pseudónimo Xolo, naceu en Ourol o 8 de abril de 1967 e explica: “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez. En 8º de EXB gaño un premio de postais de Nadal no Concello de Ourol e outro de carteis do Día das Letras Galegas.
En 2º de BUP pinto os bastidores dunha obra de teatro. En COU pinto o mural das salas de audicións do Centro de ensinanzas integradas.No ano 1987 trasládome a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguín matrícula de honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá o 1 ao 15 de febreiro a exposición sobre o documental Chicas Nuevas 24H, de Mabel Lozano. Poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
O Concello de Burela explica que “esta exposición forma parte dun proceso de investigación e documentación de cara á concienciación e sensibilización para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual. A directora e documentalista Mabel Lozano e o comisario Juan Nicolás crean esta exposición fotográfica cunha interesante selección de imaxes obtidas a través da viaxe-rodaxe do filme do mesmo nome”.
Ademais o xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas proxectarase o documental.
É unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia.
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha exposición sobre deportados da Mariña aos campos de exterminio nazis que poderá visitarse no Centro Multitusos do Concello de Viveiro ata o día 21 de xaneiro.
A mostra será inaugurada este venres 12 ás oito da tarde cun coloquio sobre as deportacións no que participarán Antonio Muñoz, investigador da Universidade de Lisboa; Miguel Freire, profesor e directivo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica; e Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro.
O xoves 18, no mesmo lugar e tamén ás 20:00 horas, terá lugar unha charla sobre “A evacuación do Santa Teresa, de Viveiro a Francia (1946)”, a cargo do profesor e historiador Ramón García Piñeiro.
A Casa El Viejo Pancho acolle ata o 22 de xaneiro a exposición Chicas nuevas 24 horas, destinada a sensibilizar sobre a trata de persoas con fins de explotación sexual.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “ata o 22 de xaneiro a Casa El Viejo Pancho acolle a exposición Chicas nuevas 24 horas, unha actividade que chega a Ribadeo pola colaboración do Concello e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia”.
A edil ribadense explicou que “se trata dunha experiencia transformadora, destinada a sensibilizar sobre a crúa realidade da trata de persoas con fins de explotación sexual. Esta exposición convídanos a mirar de fronte unha problemática que persiste nas sombras da nosa sociedade. Estas imaxes, coidadosamente seleccionadas pola directora Mabel Lozano e polo comisario Juan Nicolás, poñen de manifesto a...
leer másMondoñedo (Lugo), terra natal do pai de Juana de Vega, é a próxima parada da exposición conmemorativa "Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século" promovida pola Fundación Juana de Vega con motivo do 150 aniversario do seu pasamento.
A inauguración será este venres, 1 de setembro, ás 12.30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Está prevista a asistencia do alcalde, Manuel Otero Legide; de Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega; e de Xosé Ramón Veiga, autor da última biografía sobre a mecenas e filántropa, que leva o mesmo título ca esta exposición. Este último será o encargado de presentar o vínculo de Juana de Vega con Mondoñedo a través da figura
do seu pai, que tivo unha grande influencia na educación, formación e traxectoria vital e política da súa filla, tal e como queda reflectido nos 20...
O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.
O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.
Este venres, 28 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “Somos Mar” ás 19.30 horas en Foz, no Cenima. A sociedade cultural A Rula é a organizadora do evento artístico, que será de visita libre no horario do propio Cenima (9 a 14 horas de luns a venres) situado no Paseo da Ribera, 4. Tamén poderá facerse a través dunha visita guiada, na que se convida aos participantes a compartir os seus coñecementos e experiencias.
A mostra pretende dar a coñecer o pasado mariñeiro da vila de Foz dende a emoción do relato da memoria colectiva do pobo, que aparece representada en cada unha das pezas recollidas. Ademais simboliza unha homenaxe a todos os homes e mulleres que fixeron do mar o sustento e parte da identidade da vila.
Tanto a asociación como a propia mostra nace do esforzo de Salustiano Alonso e...
leer másDesde o Concello de Cervo explican que “desde este próximo domingo, 14 de maio, teremos nova exposición na Casa da Cultura. A artista Laura Doldán (Lume da Luma) compartirá a súa arte, a través dunha vintena de obras pintadas en acuarela inspiradas en San Ciprián e a súa conexión mariñeira”.
A apertura de portas está prevista para o domingo, ás 12:00 horas, e poderase visitar ata o 16 de xuño.
Os días 14 e 28 de maio, e o 11 de xuño, a artista realizará arte en vivo para as persoas asistentes.












