exposición

06/02/2015
No décimo aniversario do pasamento do debuxante Suso Peña unha veintena de artistas mariñáns renderanlle homenaxe cunha exposición en Ribadeo. Poderase ver do 14 ao 28 de febreiro na OMIC.
 
O vindeiro 14 de febreiro ás 18 horas será inaugurada na OMIC unha exposición en homenaxe ao debuxante ribadense Suso Peña. Está organizada por varios artistas da Mariña e conta coa colaboración Concello. 
O artista barreirense Celso Dourado explica que“isto xurdiu a raíz de que se cumpre o décimo aniversario da morte de Suso Peña. Co gaio desta efeméride xuntámonos un grupo de artistas e de amigos que convivimos e aprendemos con Suso para dalgunha maneira manter a súa memoria. Hai unha media de 17 ou 18 artistas que nos imos xuntar para renderlle esta homenaxe e facer esta exposición na nova Oficina de Turismo de Ribadeo. A exposición abrirase o 14 de febreiro, ás 6 da tarde, coa presenza das autoridades municipais e estará ata finais de mes. Na presentación tamén...
leer más
Etiquetas:
30/11/2014
Exposición de Batuko Tabanka no Ceip Vista Alegre de Burela e visita a este centro de ensino.
 
O Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela en colaboración coa asociación  cultural, recreativa e para a integración social Batuko Tabanka, organiza unha actividade conxunta coa exposición fotográfica sobre os aspectos culturais da comunidade caboverdiana da devandita asociación.
As fotografías están exportas no CEIP Vista Alegre e poden ser vistas por todo o alumnado para sensibilizar e dar a coñecer a comunidade caboverdiana. Acompañando a esta actividade, o próximo luns, 1 de decembro, a partir das 12:15 da mañá achegaranse ata o centro educativo membros da asociación para explicar de primeira man a exposición aos alumnos e alumnas do centro. 
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “con esta...
leer más