Exposición de Batuko Tabanka no Ceip Vista Alegre de Burela e visita a este centro de ensino.

Exposición de Batuko Tabanka no Ceip Vista Alegre de Burela e visita a este centro de ensino.
 
O Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela en colaboración coa asociación  cultural, recreativa e para a integración social Batuko Tabanka, organiza unha actividade conxunta coa exposición fotográfica sobre os aspectos culturais da comunidade caboverdiana da devandita asociación.
As fotografías están exportas no CEIP Vista Alegre e poden ser vistas por todo o alumnado para sensibilizar e dar a coñecer a comunidade caboverdiana. Acompañando a esta actividade, o próximo luns, 1 de decembro, a partir das 12:15 da mañá achegaranse ata o centro educativo membros da asociación para explicar de primeira man a exposición aos alumnos e alumnas do centro. 
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “con esta actividade quérese enriquecer tanto a participación das asociacións no tecido cultural e educativo do municipio, como sensibilizar aos máis pequenos do fenómeno migratorio”.