Acia Burela expón estes días traxes castrexos para inspirar a vestimenta dos clans. Pódense ver na rúa Pardo Bazán, no antigo local de O Lar.

Acia Burela expón estes días traxes castrexos para inspirar a vestimenta dos clans. Pódense ver na rúa Pardo Bazán, no antigo local de O Lar.
 
Durante estes días expóñense en Burela diferentes traxes castrexos que poden servir de inspiración a tódolos clans que participen o vindeiro mes de xullo na 4ª Festa Castrexa, que organizará un ano máis a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela.
Na conferencia “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como vestían?”, que tivo lugar en Burela o pasado 6 de marzo, falouse dos costumes e aparencia dos antigos castrexos para que clans e participantes na Festa Castrexa coñeceran o verdadeiro estilo que deberían seguir para ser fieis á realidade histórica.
Na celebración da Festa Castrexa cobra unha importancia fundamental a indumentaria dos homes e mulleres que habitaban os castros. Por iso se expoñen agora traxes castrexos de home, muller e neno, que se espera sirvan para inspirar ós novos castrexos de Burela.
Esta mostra está organizada por Acia Burela e ubícase no escaparate do antigo local de O Lar, na rúa Pardo Bazán, fronte á Praza da Mariña.
Co fin de ir poñendo en común novas ideas relacionadas coa próxima edición da Festa Castexa, Acia Burela convoca a tódolos clans a unha reunión o vindeiro luns día 13 de abril, ás 20.30h no Salón de Conferencias (antiga biblioteca) de Burela.