exposición

Etiquetas:
06/04/2016
Catro series da obra de Celso Dourado poderanse ver no Cenima de Foz do 8 ao 29 de abril na Semana das Artes Plásticas na Mariña, na que tamén se dan cita outros cinco artistas da comarca.
 
O artista barreirense Celso Dourado participará na Semana das Artes Plásticas na Mariña. A exposición será inaugurada no Cenima de Foz este venres, día 8, xunto a outros seis creadores mariñáns. Esta mostra colectiva poderase visitar ata o 29 deste mes. 
 
Celso Dourado explicou que “a exposición denominada Seis diálogos para educar  reflexa un pouquiño o traballo de seis artistas entre os cales estou. Podo citar que forman parte do elenco tamén David Catá, Héctor Manasé, Alberto Pena, Mauro Leivas e Raimundo Rubal”.
 
Dourado contou que “eu presento catro series da miña obra. Son botánica, relacionada cun tratamento subreal do que é a botánica en si;...
leer más
05/04/2016
Ata o 29 de abril pódese visitar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros a exposición ¡¡Abril...Libros mil!!.
 
O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.
 
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.
 
A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
... leer más
Etiquetas:
03/04/2016
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Semana das Artes na Mariña, que se desenvolverá do 8 ao 29 de abril no Cenima de Foz.
 
Unha nova edición da Semana das Artes na Mariña presentouse  no Cenima de Foz. A Área de Cultura da Deputación de Lugo estivo representada neste acto por Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo. No acto participaron tamén Xerardo López, por parte do equipo coordinador da Semana das Artes, o prologuista do catálogo editado para a ocasión, Albano González, e a deseñadora do mesmo, Cristina Basanta.
 
Baixo o nome de “Seis diálogos para educar” a Semana das Artes na Mariña celebrarase desde o vindeiro venres 8 ata o 29 de abril, tendo como sede o Cenima en Foz. Este evento pretende ser, en palabras dos seus organizadores, “ mostra das expresións artísticas dun grupo de seis creadores mariñáns que plasman nas súas obras as...
leer más
01/04/2016
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá o 5 de abril unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia. Tamén se inaugurará unha exposición de ourivería do Museo Provincial de Lugo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.
 
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta mostra “está organizada polo Museo Provincial e propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos e explicativos, da colección de obxectos de ourivería...
leer más
21/03/2016
Ata o 31 de marzo na OMIC de Ribadeo está aberta a exposición "Entre belenes y cabezudos", de Rodrigo García Istillary. Está destinada a todos os públicos.
 
A OMIC de Ribadeo acolle ata o 31 de marzo a exposición Entre Belenes y Cabezudos de Rodrigo García Istillarty.
 
A mostra presenta unha colección de pezas totalmente artesáns deste creador asturiano de Puerto de Vega. Os seus beléns sorprenden polo realismo que transmiten e por nos transportar á vida da época antiga. Así mesmo os diferentes cabezudos que achega están cheos de realismo e cunha tremenda capacidade de mímese.
 
Ata o 31 de marzo pode visitarse esta exposición na OMIC de Ribadeo no seu horario habitual.
 
18/03/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 21 de marzo ao 2 de abril unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio.
 
A Casa de Cultura, de San Ciprián, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno hoxe a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.
 
A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Ciprián, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. 
 ...
02/03/2016
A sala de exposicións municipal de Lourenzá acolle ata o 18 de marzo unha mostra sobre o Camiño Norte de Santiago.
 
A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.
 
A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.
 
A alcaldesa, Rocío López, di que “dende o Concello invitamos a todos os veciños e veciñas así como aos visitantes a ver esta exposición que é, sen dúbida, unha...
leer más
Etiquetas:
28/02/2016
A Casa da Cultura de Burela acolle ata o 27 de marzo unha exposición de carteis da Semana Santa, de José Míguez.
 
A Casa da Cultura acolleu o pasado venres a inauguración da exposición de carteis da Semana Santa, que se poderá ver ata o vindeiro 27 de marzo. No acto presentouse o cartel deste 2016, do que tamén é autor José Míguez, ao igual que do resto da imaxes que se poden ver nesa mostra. Os organizadores teñen xa listo o programa de actos, que dará comezo o Domingo de Ramos e rematará o Domingo de Resurrección, tal e como adiantaba hai uns días o alcalde, Alfredo Llano. 
 
O Coro do Conservatorio de Viveiro foi o encargado de poñer a nota musical nese acto, que tivo lugar o venres. 
 
Etiquetas:
26/02/2016
Ata o 16 de marzo pódese ver na sala OMIC, de Ribadeo, a exposición "Memorias de un fotógrafo", de Christian Carabalí.

 

A sala OMIC de Ribadeo acolle a exposición "Memorias de un fotógrafo". O artista ecuatoriano Christian Carabalí, e o técnico de Cultura, David Díaz, inauguraron onte unha atractiva mostra fotográfica que conta con máis de trinta imaxes da Mariña luguesa, caracterizadas pola luminosidade e a utilización de novas técnicas. A exposición estará aberta ata o vindeiro 16 de marzo.

Etiquetas:
05/02/2016
Este sábado, 6 de febreiro, celébrase en Abadín a décimo primeira edición de Expogrelo. Trátase dun produto que é un dos motores económicos da zona.
 
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o alcalde de Abadín, Xosé María López Rancaño, e a concelleira de Cultura, María Begoña Gaute Verdes, presentaron este venres no Pazo Provincial a XI Feira Expogrelo que se celebra este sábado, no recinto feiral de Gontán. O organismo provincial fai unha achega de 3.000 euros, ao igual que fai con outro medio cento de actividades dirixidas a potenciar os principais sectores produtivos da provincia.
 
Campos Conde destacou que “colaboramos con esta cita para para fomentar a comercialización e o consumo deste produto, que é un dos motores económicos da zona, poisao redor de 200 produtores comercializan ata 400.000 quilos de grelos, xerando máis de 250 postos de traballo”.
... leer más