exposición

12/07/2016
Intensa actividade cultural en Ribadeo ata o 17 de xullo con exposicións, espectáculos para os nenos e música. Algúns actos enmárcanse no programa Ribadeo Diversx.
 
Intensa semana de actos culturais en Ribadeo coa inauguración de varias exposicións, con espectáculos para os máis pequenos e con música. Parte destas actividades enmárcanse no programa Ribadeo Diversx, posto en marcha para que todos e todas “nos familiaricemos coas diferentes orientacións sexuais e os dereitos de todas as persoas a non ser discriminadas pola súa condición sexual”, segundo deu a coñecer no día de hoxe o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. 
 
O edil nacionalista contou que “a semana do 11 ao 17 de xullo ten unha variada gama de actividades en Ribadeo. De entrada, e ata o martes da semana que vén, poderemos ver a exposición de debuxo de Carla Méndez Aires dos anos 30, que está na sala de exposicións da Oficina...
leer más
Etiquetas:
11/07/2016
O programa de actos do festival Gadélica, de Cervo, inclúe actuacións musicais, exposicións, recitais, charlas temáticas e maxia. Será do 29 ao 31 de xullo.
 
O programa de actos de Gadélica foi presentado hoxe na Casa do Concello Cervo. Este primeiro Encontro Contemporáneo e Interdisciplinar de Arte e de Cultura de Vangarda terá lugar en Sargadelos do 29 ao 31 deste mes de xullo. Haberá actuacións musicais, exposicións plásticas, recitais poéticos, charlas temáticas e espectáculos de maxia, entre outras actividades. A entrada para todos estes actos será de balde.
 
O alcalde, Alfonso Villares, manifestou que “vai ser o primeiro encontro contemporáneo e interdisciplinar de arte e de cultura de vangarda e ímolo facer en Sargadelos, lugar que foi ao longo da súa historia vangarda en moitas cousas. Xa con Ibáñez, hai máis de dous séculos, coa instalación da fundición que se puxo en Sargadelos...
leer más
07/07/2016
Na Casa da Cultura de San Ciprián pódese visitar ata o 29 de xullo unha exposición de ilustracións do burelao Héctor Manasé.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle unha exposición de ilustracións realizadas polo burelao Héctor Manasé. A mostra, titulada Amagos de Jus, foi inaugurada onte e poderá visitarse ata o día 29 deste mes.
 
No acto inaugural participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros Dolores García, Manuela Méndez e José Ramón Soto.
 
Héctor Manasé naceu en 1984 en Burela e estudou fotografía e vídeo en Oviedo, pero ademais é un entusiasta do debuxo. Nas súas ilustracións gústalle humanizar aos animais, o místico e máxico, o mundo do mar e case sempre engade unha pincelada de humor.
 
... leer más
Etiquetas:
07/07/2016
A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 9 ao 19 de xullo unha exposición da artista ribadense Carla Méndez. "Aires dos anos 30" é unha mostra de 14 láminas realizadas con técnicas mixtas.
 
Do 9 ao 19 de xullo estará aberta ao público na Oficina de Turismo a mostra Aires dos anos 30, Exposición de debuxo da artista ribadense Carla Méndez. Trátase dunha selección de 14 láminas, realizadas con técnicas mixtas como acuarela, tinta china, pastel ou sanguina. 
 
Carla Méndez explica que “forman parte dun caderno de campo que fixen o ano pasado, que ven sendo unha carpeta de debuxos principalmente para estudio ou experimentación do propio artista con diferentes técnicas ou temas. Un caderno deste tipo é algo moi persoal, xa que ao ser de experimentación mostran totalmente a expresividade e personalidade de cada artista. Estamos acostumados a ver sempre as obras acabadas, polo que me pareceu interesante mostrar o camiño que...
leer más
29/06/2016
O Eido Dourado abre este sábado, 2 de xullo, por oitava tempada consecutiva a súa exposición pictórica e os seus xardíns. Este espazo poderase visitar de martes a domingo.
 
O Eido Dourado, espazo dedicado á arte ao carón da praia da Pasada, abre as súas portas por oitava tempada consecutiva este sábado, día 2 de xullo. Faino coa exposición renovada e con modificacións nos seus xardíns, nos que a música volverá a estar presente a partires da segunda quincena de xullo. 
 
Celso Dourado afronta esta nova tempada que “preséntase ben, cando nos puxemos co proxecto Eido Dourado pensamos que ao mellor non lográbamos resistir o que pretendíamos, e pasan os anos e aí seguimos estando. Este ano abrimos unha vez máis coa exposición renovada, con novas creacións e un longo etc”.
 
O artista salienta que este ano “hai unha decena de...
leer más
Etiquetas:
26/06/2016
Alfoz será escenario dunha exposición de pintura titulada "48 momentos", coa que varios autores lle renderán homenaxe a Manuel María. Poderase ver do 2 de xullo ao 13 de agosto.
 
O vindeiro sábado, 2 de xullo, ás 19 horas terá lugar no Castelo a inauguración dunha nova exposición de pintura. Titúlase "48 Momentos", da man do artífice ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que xunto a outros artistas coñecidos da Mariña como Hipólito Xeada, Xosé Blanco e Pili Casabella, farán unha mostra conxunta para renderlle unha pequena homenaxe ao poeta falecido Manuel María, a quen se lle dedicou este ano o día das Letras Galegas. Así mesmo, tamén terá lugar a presentación do libro "Conversas con Manuel María" de X.M del Caño. 
 
A exposición poderase visitar dende o 2 de xullo e o 13 de agosto.
 
Etiquetas:
14/06/2016
O Complexo RegalXunqueira acollerá desde o 16 de xuño unha colección e organización de Antonio Lage Seara na que se poderán ver persoaxes como Capitán Trueno, El Jabato, Zipe e Zape, Mortadelo, Pulgarcito...
 
A exposición é unha viaxe polo mundo da Banda Deseñada. Un flashback ós anos 60, ó paraíso da nenez da man da Ilustración industrial. A primeira xeración que entra no mundo da cultural pop Art e do consumo de produción en cadea. Un movemento de arte moderno, de imaxes da cultura popular de medios de comunicación, anuncios publicitarios, cómic, cine. Poñen nas man das masas o arte, reflectido nos obxectos cotiás. Nesta década en EE.UU. empréganse os debuxos nítidos e simples do tipo “Hard edge”. Destacan autores coma Jasper Johns, Robert Rauschenberg, Roy Lichtenstein, Andy Warhol, Tom Wesselmann… España non se queda atrás e neste período recibe a influencia estadounidense, recordada é a visita de Eisenhower en 1959. 
 
Unha apertura...
leer más
Etiquetas:
07/06/2016
Ata o 30 de xuño pódese visitar na Casa da Cultura, en Burela, a primeira bienal de artes plásticas "O vento", que organizan Os Aventados e a Amigos de RegalXunqueira.
 
Os Aventados e a asociación cultural Amigos de Regalxunqueira inauguran a exposición da Primeira Bienal de Artes plásticas O Vento en Burela este mércores, 8 de xuño.
 
A inauguración desta mostra colectiva terá lugar ás 20:30 h na Casa da Cultura de Burela onde permanecerá ata o 30 de xuño.
 
Nesta exposición poden verse obras de María Jesús Lage López, Pablo Livio, Celso Dourado, Neira Broch, Xoán Guerreiro, Hipólito Xeada, Antonio Roque Fanego, Mary Boix, Francisco Santos, Otero Regal, Xavier Magalhaes, Juan Queralt, Daniel Caxiguiero, Fabián Reino, David Catá, Juanel Ponte, Juan Puchades e Mateo Guerreiro.
 
24/05/2016
O Armarinho da Fátima, en Burela, acolle ata o 10 de xuño unha exposición de Álex Landim Correia. Trátase dunha mostra de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe.
 
Desde a organización explican que “en continuidade coa colaboración que vimos mantendo con diferentes entidades sociais sen ánimo lucrativo, o local da mercería O ArMarinho da Fátima acolleu a inauguración dunha exposición de obxectos artísticos realizados con materiais de reciclaxe por Álex Landim Correia”.
 
Nacido na localidade da Calheta de São Miguel, na illa caboverdiana de Santiago, Álex Ladim Correia (31-08-1997) chegou a Burela no mes de setembro de 2014 e matriculouse no terceiro curso de ESO no IES Perdouro, desde onde iniciou un proceso de integración exemplar. Neste momento, ademais de traballar na súa propia obra de manualidades, combina os estudos do último curso de ESO coa dedicación á música, dentro da Banda Dambara...
leer más
Etiquetas:
24/05/2016
A exposición itinerante sobre o centenario das Irmandades da Fala estará en Viveiro este domingo, 29 de maio. Pensamento e Sementeira participa nesta Volta pola Irmandade.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira participa xunto a outras asociacións e institucións na Volta pola Irmandade. A exposición itinerante sobre o centenario da creación das Irmandades da Fala estará en Viveiro o domingo 29 de maio.
 
A iniciativa de ORA Galega desexa conmemorar ese centenario con esta exposición en homenaxe ao conxunto de homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa autoestima para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía estética, cultural e política de Galicia.
 
No ano 1916 na Coruña creouse unha asociación cuxo...
leer más