No Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, pódese visitar ata o 14 de marzo unha exposición da fotógrafa focense Naza Meijide.

Ata o 14 de marzo pódese visita no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición de de fotografías de Naza Meijide, titulada “Amienatta”. 

“-¡Amienatta!, ¡Amienatta!-Gritan as voces das nenas que baixan, correndo descalzas, polo enlodado camiño que atravesa a aldea e polo que, cada día, todos voltavamos camiñando a casa de voluntarios. Sorrisos sinceros que enchían as pupilas e ensanchaban o corazón, sons titilantes no calor intoxicante  e húmedo de Lamin ó mediodía”.

Amienatta é un traballo fotográfico sobre a aldea de Lamin (Gambia), os arredores e as súas xentes. Unha viaxe introspectiva a unha experiencia inolvidable na que vivín, integrada, nesa remota aldea do país africano, convivindo, aprendendo, crecendo e querendo as súas xentes. Porque como di a costume gambiana “is nice to be nice”.

Naza Meijide (1990) creceu en Foz hasta que se desprazou a Madrid para estudar Xornalismo. Pouco despois de empezar a  súa carreira universitaria comezou a desarrollar a súa paixón pola fotografía de forma paralela formándose en distintas escolas como Lens Escuela de Artes Visuales ou Workshop Experience, coas especialidades de Street Photography, Fotografía de Autor e Fotografía de Moda e Pulicidade.

Tamén participou en proxectos internacionais como ‘Remapping Public Space’, que se levou a cabo en Cracovia (Polonia) durante o que se edita e se publica o seu proxecto ‘Linia’, un libro de fotografía sobre os habitantes das grandes urbes e que conecta imaxes de Madrid e da cidade polaca.

No 2015 mudase a Barcelona para especializarse no Centro Universitario de Diseño y Arte, EINA, co máster en Fotografía e deseño editorial, onde leva a cabo un exhaustivo proxecto de fotografía sobre as mulleres pakistanís que residen na cidade condal e que autoedita en xuño de 2016 baixo o nome de ‘Dones’

Exposicions anteriores:
EXPOSICIÓN INDIVIDUAL "AMIENATTA"
- Na Casa da Cultura (Burela). Xaneiro 2017
- No Caseto de Copa (Cervo). Dicembre 2016
- No Cenima de Foz (Lugo). Outubro de 2016
EXPOSICIÓN COLECTIVA ‘KUMA’ en Igualada (Bcn). Xullo de 2016.
EXPOSICIÓN COLECTIVA en Barra de Ferro (Barcelona). Xuño de 2016