Humor

Etiquetas:
26/09/2018

Continúa a bo ritmo a venda de entradas para o espectáculo que Luis Piedrahita ofrecerá este venres, 28 de setembro, en Burela ás 21:00 horas na Casa da Cultura. O concelleiro de Cultura, José Díaz, comenta que aínda quedan entradas, agarda que a cita sexa un éxito tal e como aconteceu no ano 2016, e anima a toda a xente da zona a achegarse a presenciar Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas.

O edil burelés comentou que “para cerrar el mes cultural en Burela tenemos una actuación este viernes, 28 de septiembre, prevista para las nueve de la noche, que es una actuación de Luis Piedrahita, el cómico, mago y humorista que ya estuvo aquí en mayo del año 2016 y que vuelve dos años después con su nuevo espectáculo que es Las amígdalas de mis amígdalas con mis amígdalas”.

José Díaz lembrou que “la otra vez fue...

leer más
Etiquetas:
20/02/2018

Caramuxo Teatro presenta Ela o sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Ela  é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos, e crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo de Maruja Mallo. Trátase dunha mistura de poesía, humor, teatro e danza.

É unha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que tamén interpretan a obra xunto a Suso Jalda.

 

Etiquetas:
27/09/2017

A Concellería de Cultura ven de presentar o ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá de decembro a marzo. Catro coñecidos actores e monologuistas actuarán na Casa da Cultura de Burela. Abrirá este ciclo Enrique San Francisco o día 9 de decembro ás 21:00 horas, El Sevilla estará o 12 de xaneiro, Miguel Lago intervirá o 4 de febreiro e pechará este ciclo de humor Carlos Blanco o 11 de marzo. O prezo das entradas en anticipada será de 10 euros e 13 na billeteira.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou: “queremos presentar desde la Delegación de Cultura un evento periódico que dura cuatro meses, que acabamos de cerrar ahora y que creo que va a ser muy atractivo. Desde nuestro Concello seguimos apostando por traer cosas de calidad, o al menos intentarlo, la verdad es que muchas veces es casi increíble conseguir que...

leer más
Etiquetas:
22/06/2017

Barreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.

Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.

Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
09/06/2017

Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.

Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia. 

A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
14/03/2017

Este sábado, 18 de marzo, Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Viveiro co seu último espectáculo “Menú da noite”. Esta comedia poderá verse no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas.

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. 

Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).

 

Etiquetas:
31/01/2017
A exposición "O humor do país", do debuxante Luis Davila, poderase ver en Burela do 15 de febreiro ao 15 de marzo. Será na Casa da Cultura.
 
A Concellería de Cultura organiza unha exposición do debuxante Luís Davila, titulada O humor do país, que se inaugurará o vindeiro 15 de febreiro na Casa da Cultura, onde permanecerá durante un mes.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “estos días presentaremos la programación definitiva de febrero. Estamos cerrando cosas para el Carnaval, para los últimos días del mes, que es cuando coincide este año el Carnaval”.
 
José Díaz explicou que “sí que nos gustaría adelantar una exposición que tenemos programada para el 15 de febrero la inauguración, que estará un mes aquí en Burela, y que creo que va a  atraer a muchísimos curiosos tanto de nuestro concello como de toda A Mariña. Se trata de la exposición de Luís Davila, se llama O...
leer más
Etiquetas:
31/01/2017
Leo Bassi leva o mellor da súa carreira artística a Ribadeo. Será o 4 de febreiro no auditorio municipal Hernán Naval.
 
Leo Bassi regresa a Galicia para deleitar ao público da Mariña e visitante que se queira chegar ao Auditorio de Ribadeo para gozar de The best of Leo Bassio sábado 4 de febreiro ás 21 horas. As entradas, a 10 euros, poden reservarse chamando á distribuidora Culturactiva S. Coop. G. ao 981 58 28 36, e recoller o propio día da función até media hora antes da mesma no despacho de billetes do Auditorio.
 
Este espectáculo, que xa se puido ver en Galicia o ano pasado en Galicia, concretamente en Vilagarcía o Día de San Roque, no marco do Festiclown, é unha recompilación dos seus mellores números dos últimos anos, verdadeiros clásicos nos que vemos ao Bassi mais divertido, mordaz e o que máis xoga e se relaciona co público, parte principal do seu espectáculo. As relixións, a banca, a dereita, o...
leer más
Etiquetas:
05/04/2016
A Delegación de Cultura de Cervo programa actividades de escritura, lectura, música, baile e humor para este mes de abril.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa actividades de escritura, lectura, música, baile e humor para este mes de abril dentro do programa denominado A carón da cultura. Anunciouno hoxe a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que “este mes dedícase sobre todo á lectura e á escritura, coa presentación dun libro escrito por unha veciña do concello, un taller de escritura, lectura de libros e a homenaxe a Cervantes na biblioteca cos nenos, xa que en abril conmemóranse dúas datas importantes para a literatura, como son o Día do Libro Infantil e o Día do Libro”.
 
Todos os venres que restan deste mes haberá actividade do taller de teatro municipal Pimpin no auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, en dúas...
leer más
Etiquetas:
09/03/2016
O grupo humorístico Trípode representará este venres, 11 de marzo, en Burela a obra "Apedreando".
 
O grupo humorístico Trípode representará "Apedreando" na Casa da Cultura o vindeiro venres, 11 de marzo, a partir das 21 horas. Trátase dunha peza para todos os públicos con entrada libre. 
 
"Apedreando" céntrase nos problemas xerados por unha concentración parcelaria: “Hoxe vaise celebrar unha reunión da concentración parcelaria. Está convocada para que o enxeñeiro Mariano Castro Carballeira escoite as reclamacións dos veciños respecto á redistribución de fincas, con vistas a iniciar canto antes o apedreiramento das mesmas. Salustio e Nicandro acuden á mesma moi enfadados, un co outro, por mor dunhas lindes. Varias persoas do público serán reclamadas por ambos veciños para apoiar as súas teorías. As discusións tratarán sobre fincas...
leer más