Humor

Etiquetas:
31/01/2017
Leo Bassi leva o mellor da súa carreira artística a Ribadeo. Será o 4 de febreiro no auditorio municipal Hernán Naval.
 
Leo Bassi regresa a Galicia para deleitar ao público da Mariña e visitante que se queira chegar ao Auditorio de Ribadeo para gozar de The best of Leo Bassio sábado 4 de febreiro ás 21 horas. As entradas, a 10 euros, poden reservarse chamando á distribuidora Culturactiva S. Coop. G. ao 981 58 28 36, e recoller o propio día da función até media hora antes da mesma no despacho de billetes do Auditorio.
 
Este espectáculo, que xa se puido ver en Galicia o ano pasado en Galicia, concretamente en Vilagarcía o Día de San Roque, no marco do Festiclown, é unha recompilación dos seus mellores números dos últimos anos, verdadeiros clásicos nos que vemos ao Bassi mais divertido, mordaz e o que máis xoga e se relaciona co público, parte principal do seu espectáculo. As relixións, a banca, a dereita, o...
leer más
Etiquetas:
05/04/2016
A Delegación de Cultura de Cervo programa actividades de escritura, lectura, música, baile e humor para este mes de abril.
 
A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa actividades de escritura, lectura, música, baile e humor para este mes de abril dentro do programa denominado A carón da cultura. Anunciouno hoxe a concelleira Dolores García Caramés, quen explicou que “este mes dedícase sobre todo á lectura e á escritura, coa presentación dun libro escrito por unha veciña do concello, un taller de escritura, lectura de libros e a homenaxe a Cervantes na biblioteca cos nenos, xa que en abril conmemóranse dúas datas importantes para a literatura, como son o Día do Libro Infantil e o Día do Libro”.
 
Todos os venres que restan deste mes haberá actividade do taller de teatro municipal Pimpin no auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián, en dúas...
leer más
Etiquetas:
09/03/2016
O grupo humorístico Trípode representará este venres, 11 de marzo, en Burela a obra "Apedreando".
 
O grupo humorístico Trípode representará "Apedreando" na Casa da Cultura o vindeiro venres, 11 de marzo, a partir das 21 horas. Trátase dunha peza para todos os públicos con entrada libre. 
 
"Apedreando" céntrase nos problemas xerados por unha concentración parcelaria: “Hoxe vaise celebrar unha reunión da concentración parcelaria. Está convocada para que o enxeñeiro Mariano Castro Carballeira escoite as reclamacións dos veciños respecto á redistribución de fincas, con vistas a iniciar canto antes o apedreiramento das mesmas. Salustio e Nicandro acuden á mesma moi enfadados, un co outro, por mor dunhas lindes. Varias persoas do público serán reclamadas por ambos veciños para apoiar as súas teorías. As discusións tratarán sobre fincas...
leer más
Etiquetas:
03/03/2016
Pablo Carbonell actuará en Ribadeo el 19 de marzo. Será en el auditorio municipal a las ocho y media de la tarde.
 
El polifacético artista estrenará su último espectáculo titulado “El Mundo de la Tarántula”. Éste es el título del libro autobiográfico que verá la luz el próximo día 16 e inspira este nuevo trabajo aunando humor y música.
 
Inicialmente estaba previsto que el día 19 actuara en Ribadeo Alex Ubago, pero este concierto ha quedado aplazado para el día 28 de mayo a las 21 horas en el Auditorio Municipal. Próximamente se pondrán las entradas a la venta.
 
Las entradas para el concierto de Pablo Carbonell se pondrán a la venta la próxima semana y se podrán adquirir anticipadamente en la Agencia de Viajes Alandrina Tours de Ribadeo y en...
leer más
Etiquetas:
17/11/2015
Pensamento e Sementeira, de Viveiro, proxecta este mércores, 18 de novembro, a película "O meu tío", dentro do seu ciclo de cine de humor.
 
O cineclube do colectivo Pensamento e Sementeira continúa coa súa programación este mércores, 18 de novembro, coa proxección da segunda das películas do Ciclo de Cine de Humor.Trátase de Mon oncle, O meu tío, de J. Tati , da que  o crítico M.A. Palomo ten escrito: “A obra de Tati permanece como un monumento luminoso á que poucos souberon achegarse […] Nesta obra inolvidable arremete contra a sociedade de consumo e contra o mecanicismo que afoga ao individuo. Así fai presente o absurdo da realidade cotiá nun prodixio de fantasía que encerra ás súas personaxes en secuencias deslumbrantes”.
A proxección será no salón de actos do IES María Sarmiento e dará comezo ás 20 horas. A entrada é libre ata completar o aforo da sala.
 
Etiquetas:
06/11/2015
Pensamento e Sementeira programa un ciclo de cine de humor en Viveiro. Será os días 11, 18 e 25 de novembro.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira programou a proxección de tres películas dentro dun ciclo de cine de humor que se desenvolverá en Viveiro os mércores 11, 18 e 25 deste mes de novembro.
 
"Quai D´Orsay" (Crónicas diplomáticas) de B. Tavernier, "Mon oncle" (O meu tío) de J. Tati e "Modern times" (Tempos modernos ) de Chaplin, serán os tres filmes que se poderán ver en Viveiro en versión orixinal, formato blu ray e en pantalla grande. As sesións, con entrada libre ata completar o aforo, serán como noutras ocasións no salón de actos do IES María Sarmiento de Viveiro e darán comezo ás 20 horas.
 
Esta actividade conta coa colaboración da...
leer más
Etiquetas:
04/11/2015
O grupo humorístico Trípode actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do ciclo "Teatro no outono", que organiza a Concellería de Cultura.
 
O grupo humorístico Trípode, de Alfoz, actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do programa do ciclo Tetro no Outono. A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. É válida para todos os públicos e a entrada é libre.
 
A peza escollida para a ocasión é Xuízo Anticorrupción, unha obra que conta o rocambolesco xuízo a Tubérculo Fernández, alias Pataco, o maior delincuente coñecido. Son varios os cargos que demostran que é un home corrupto e aproveitado, que só pensa en facer chanchullos e vivir do conto. Pataco é acusado de roubo, de dar sobres e de regalar traxes para conseguir favores. Varias testemuñas escollidas de entre o público son chamadas para testificar contra o acusado. Son Pirindolo...
leer más
Etiquetas:
28/10/2015
A Casa da Cultura de Burela acolle este sábado, 31 de outubro, os sketchs humorísticos dos participantes no obradoiro de teatro, que se celebrou este mes.
 
Os 11 alumnos do obradoiro de teatro, organizado pola Delegación de Cultura do Concello burelés, poñerán en práctica o aprendido este sábado, 31 de outubro, no escenario da Casa da Cultura. Ás 20 horas amosarán, en forma de sketchs humorísticos, as técnicas aprendidas durante o curso, impartido por Juan Villarino. O concelleiro José Díaz agarda que o grupo continúe traballando para formar un colectivo teatral no municipio. 
O edil socialista anunciou que “este sábado, 31 de octubre, a partir de las ocho de la tarde, en el Auditorio de la Casa da Cultura habrá una muestra de los trabajos del curso de teatro que se organizó aquí promovido por el Concello durante todo el mes de octubre. En total fueron 11 alumnos los que estuvieron desde el principio al final. Estuvieron...
leer más
20/11/2014
O grupo de teatro Trípode representará este domingo en Barreiros a obra Apedreando. Farao a partir das seis da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

 

A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros, en colaboración coa Oficina de Información Xuvenil,  organiza para este domingo, 23 de novembro, un novo acto teatral dentro da súa programación cultural deste 2014. Nesta ocasión, a compañía Trípode acudirá ao municipio barreirense para representar a obra Apedreando. Será a partir das seis da tarde, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

O grupo Trípode, porá en escena a obra Apedreando, de Pepe Peinó. Unha comedia humorística que ten coma temática central a concentración parcelaria e os problemas que esta...

leer más