O grupo humorístico Trípode representará este venres, 11 de marzo, en Burela a obra "Apedreando".

O grupo humorístico Trípode representará este venres, 11 de marzo, en Burela a obra "Apedreando".
 
O grupo humorístico Trípode representará "Apedreando" na Casa da Cultura o vindeiro venres, 11 de marzo, a partir das 21 horas. Trátase dunha peza para todos os públicos con entrada libre. 
 
"Apedreando" céntrase nos problemas xerados por unha concentración parcelaria: “Hoxe vaise celebrar unha reunión da concentración parcelaria. Está convocada para que o enxeñeiro Mariano Castro Carballeira escoite as reclamacións dos veciños respecto á redistribución de fincas, con vistas a iniciar canto antes o apedreiramento das mesmas. Salustio e Nicandro acuden á mesma moi enfadados, un co outro, por mor dunhas lindes. Varias persoas do público serán reclamadas por ambos veciños para apoiar as súas teorías. As discusións tratarán sobre fincas, lindes, regos, servidumes de paso, pedreiros... sempre desde unha perspectiva cómica e crítica. Finalmente o problema solucionase de maneira inesperada: Salustio e Nicandro amigarán de maneira pouco habitual, quedando incrédulo o enxeñeiro Mariano”.
 
Os que se acheguen á Casa da Cultura gozarán dunha comedia de enredo, que de seguro os fará rir e pasar unha noite agradable da man do grupo humorístico Trípode, de Alfoz.