O grupo humorístico Trípode actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do ciclo "Teatro no outono", que organiza a Concellería de Cultura.

O grupo humorístico Trípode actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do ciclo "Teatro no outono", que organiza a Concellería de Cultura.
 
O grupo humorístico Trípode, de Alfoz, actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do programa do ciclo Tetro no Outono. A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. É válida para todos os públicos e a entrada é libre.
 
A peza escollida para a ocasión é Xuízo Anticorrupción, unha obra que conta o rocambolesco xuízo a Tubérculo Fernández, alias Pataco, o maior delincuente coñecido. Son varios os cargos que demostran que é un home corrupto e aproveitado, que só pensa en facer chanchullos e vivir do conto. Pataco é acusado de roubo, de dar sobres e de regalar traxes para conseguir favores. Varias testemuñas escollidas de entre o público son chamadas para testificar contra o acusado. Son Pirindolo Fernández, que o acusa de roubar mazás, a señora Pepinillo, que o acusa de dar sobresoldos e, finalmente, Cebolo Barríguez, que lle atribúe o regalo duns traxes novos. Entre acusación e acusación, xuíz, policía e acusado métense en situacións cómicas e ridículas. A peza remata de xeito inesperado, xa que ao final ninguén é quen asemella ser, proba de que nesta vida, os que aparentan honrados moitas veces son máis corruptos que os supostos delincuentes. 
 
O grupo de teatro Trípode naceu no 2012 ao xuntarse tres actores do grupo teatral Raiolas de Alfoz, Alberto Niñez, Antonio Jesús Lorenzo Cachín e José Vázquez Peinó. Dende entón veñén realizando as súas actuacións polos municipios da Mariña Lucense. Estrean unha obra por ano, polo que de momento contan con tres no seu historial, Curso de primeiros auxílios, Xuízo anticorrupción e Apedreando. O seu teatro é interactivo, pois busca transformar o lugar de actuación, nun escenario real no que o público intervén como se fose parte da representación.