José Luis Calero presenta "Mi gran noche de humor" o 24 de abril en Burela. As entradas xa están á venda.

A Casa da Cultura de Burela acollerá o 24 de abril ás 20:00 horas a actuación do humorista José Luis Calero que presenta Mi gran noche de humor.

Trátase dun espectáculo no que o humor e a risa fai esquecer todos os problemas e vivir, entre todos, unha gran noite de humor como diría Raphael. José Luis Calero é un dos humoristas máis seguidos nas redes sociais, con 1 millón de followers, e cuxas reproducións superaron os dez millóns.

As entradas xa están á venda en woutick.es.