Pepe Suevos estará o 31 de xullo en Viveiro co espectáculo "Falade galego rapazada... é unha pasada!!!".

O cómico Pepe Suevos presentará o seu espectáculo Falade galego rapazada…é unha pasada, no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística, en colaboración co Concello de Viveiro. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz o día 31 de xullo ás 19:00 horas.

Trátase dun monólogo humorístico creado a partir da propia experiencia do artista que anima aos millenials a empregar a lingua de Galicia en todas as situacións da súa vida.

A entrada será de balde e a reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es