Feira Cabalar

Etiquetas:
11/05/2026

A Asociación Equina A Medela celebrará este domingo, día 17 de maio, a XXVIII edición da súa tradicional Feira de Gando Cabalar en Lago, “unha cita xa consolidada no calendario festivo e ecuestre da comarca e que cada ano reúne a numerosos criadores, afeccionados ao mundo do cabalo e visitantes chegados de distintos puntos da provincia”, anuncia o Concello de Xove, que engade: “a feira desenvolverase ao longo de toda a xornada nunha pista especialmente acondicionada polo Concello de Xove nas inmediacións do Centro Social de Lago, espazo que volverá converterse no centro da actividade cabalar durante este importante encontro”.

Entre as 9:30 e as 10:45 horas terá lugar a apertura do recinto feiral para a presentación dos participantes e as correspondentes medicións dos cabalos inscritos. Ao longo da mañá e tamén durante a tarde celebraranse...

leer más