Ata o 30 de abril pódese visitar na Devesana, en Ortigueira, a exposición “Luces de Alén Mar” do Consello da Cultura Galega. E o 26 haberá unha charla

O comisario da mostra, Vicente Peña Saavedra, ofreceu o día da apertura, o pasado 6 de abril, unha conferencia titulada: “Luces de Porvir para Devesos. O refulxir escolar abafado pola intolerancia”. 

Desde Nordés explican que “podedes atopar unha imaxe da Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana no calendario que entregamos ás persoas que deciden asociarse a Nordés durante o 2024”.

E subliñan: “non só paga a pena achegarse a ver o edificio, senón tamén as actividades que realiza a veciñanza mes tras mes, nun espazo territorial resultado do contexto sociocultural e económico de comezos do século XX”.

Para o 26 de abril está prevista unha charla do profesor Narciso de Gabriel Fernández, da UDC: “Os mestres mortos daquel verán: Rafael Fernández Casas”. Será ás 19:00 horas .