exposición

Etiquetas:
18/12/2019

A exposición de postais de Nadal realizadas por escolares de Burela estará aberta na Casa da Cultura de Burela do 20 de decembro ata o 15 de xaneiro.

Na mostra expóñense os traballos presentados ao concurso, convocado polo Concello, no que participaron nenos e nenas en idade escolar. O tema foi O Nadal, con técnica libre, e o tamaño aproximado das postais é de 15x21 cms pechada e 30x21 cms aberta. As categorías son: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Foron presentadas un total de 150 postais.

Os traballos estarán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela, sita no primeiro andar, desde este venres, 20 de decembro, ata o 15 de xaneiro de 2020. O horario de visitas será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. 

 

Etiquetas:
30/11/2019

Do 2 de decembro ao 9 de xaneiro poderase visitar na Casa da Cultura unha mostra fotográfica realizada por mulleres que amosa o proxecto de auga en Guinea-Bissau. Titúlase Mindjer di Guiné.

A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que forma parte o Concello de Burela, facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición Mindjer di Guiné, que se amosará na Casa da Cultura entre o 2 de decembro e o 9 de xaneiro. O horario de apertura será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, agás entre os días 26 e o 3, que será de 9 a 14 horas.

A mostra reúne instantáneas...

leer más
Etiquetas:
28/11/2019

A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida” promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, dos fotógrafos Carlos Gil e Hugo Fernández, remata o seu itinerario. Estará exposta dende o día 28 de novembro ata o día 10 de decembro no Salón de Actos do Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros, onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00 h.-14:00h. e de 17:00 h.-19:30h.

Cunha grandísima acollida no resto de concellos, esta exposición fotográfica única na Mariña Lucense, mostra un patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida a través de instantáneas orixinais. Se aínda non tiveches a sorte de vela, aproveita esta última oportunidade e visita San Cosme para descubrir os fondos mariños da costa de Lugo.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para...

leer más
Etiquetas:
05/11/2019

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, asistiron onte á tarde  á apertura da XXVII exposición de fotografías do Club Imaxe de Burela na sala de arte da Casa da Cultura. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 27 de novembro. 

 

Etiquetas:
02/11/2019

A exposición fotográfica “A Mariña Somerxida”promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, segue o seu itinerario. Estará exposta dende o día 4 ao 9 de novembro na Casa do Concello de Viveiro (Praza Maior, s/n, Viveiro), onde se poderá visitar en horario de luns a venres de 10:00-14:00h e 18:00-20:00h.

A mostra consta de instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo. A exposición fotográfica única na Mariña Lucense, promovida polo GALP A Mariña- Ortegal, dos fotógrafos Hugo Fernández e Carlos Gil, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría e pon en valor a biodiversidade somerxida.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta exposición para sorprender ao público. Mostramos o mar como recurso, como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Pretende ser ademais un referente para a...

leer más
Etiquetas:
30/10/2019

Para conmemorar o Día Mundial do Patrimonio, a Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, en colaboración co Museo Provincial de Lugo, exhibirá en novembro e decembro esta meritoria exposición etnográfica. 

Esta mostra, pretende achegarlles a todos os curiosos  e  interesados  na  memoria  do  noso  patrimonio  etnográfico  uns valiosísimos documentos gráficos, únicos, nos que se reflicte a vida dos nosos inmediatos devanceiros, entre os anos 1928 e 1933. Ao longo dos anos 1928, 1929 e 1933 o filólogo e historiador alemán Walter Ebeling percorreu a xeografía galega para recoller testemuño da vida cotiá dos homes e as mulleres do agro. 

A Concellería de Patrimonio do Concello de Foz, quere poñer en valor o patrimonio etnográfico, natural, histórico e lingüístico do noso Concello e por extensión do noso país,...

leer más
Etiquetas:
07/10/2019

O complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle desde este martes, día 8 de outubro, a mostra da pintora luguesa Carmen Prado Vázquez titulada Ó seu xeito. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas.

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e pura intuición, alguén que atopa na pintura a súa forma máis básica e elemental de expresarse, de expandir o seu mundo a través das imaxes que lle saen da observación do mundo cotiá, situación, sentimentos cautivos ou personaxes que nos contan historias por rematar. Unhas veces son o encontro so seu ser máis íntimo e outras pura extroversión.

A exposición preséntanos personaxes cheos de cor, maioritariamente femininas, que nos sorprenden porque son Ó seu xeito.

A mostra de Carmen Prado Vázquez poderase visitar ata o 24 de novembro de...

leer más
03/10/2019

Este xoves, 3 de outubro, ás 19:00 horas, na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro, inaugúrase a mostra Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia.

A exposición, organizada por Afundación Obra Social Abanca, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de outubro, en horario de 8:30 a 15:00 horas e de 16:30 a 20:30 h., de luns a venres, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.

En agosto de 1924 desembarcaba no porto de Vigo, xunto ao seu pai, a fotógrafa e investigadora da Hispanic Society de Nueva York Ruth Matilda Anderson. O traballo da fotógrafa converteuse na busca e recompilación de evidencias dos costumes do pobo galego, dedicándose a documentar a vidas das xentes, en especial nas zonas de complicado acceso. Ata entón, nin as actividades da poboación traballadora do campo e do...

leer más
Etiquetas:
02/10/2019

A Sala de Arte da Casa da Cultura, de Burela, acolle ata o 11 de outubro a  exposición de fotografía A Mariña somerxida que o Galp A Mariña Ortegal e o Concello de Burela achegan a todos os interesados. Poderase visitar de luns a venres de 10 a 13 horas  e de 17 a 20 horas.

Trátase dunha exposición dos artistas Carlos Gil e Hugo Fernández na que presentan instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de Lugo. A representacón promovida polo Galp  A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría, que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá da superficie dos nosos mares descubrindo un mundo incrible de especies únicas.

As augas da Mariña Lucense ábrense nesta ocasión para sorprender ao público. Móstrase o mar como...

leer más
Etiquetas:
12/09/2019

A Sala do Centro Cívico de Xove acolle a exposición A Mariña Somerxida. 

Esta mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de setembro e pode visitarse en horario de 18:00 a 22:00 horas de luns a domingo.

A exposición permite descubrir, máis aló da superficie dos nosos mares, un mundo incrible de especies únicas a través da bioloxía, a fotografía, a conservación e a biodiversidade. A mostra fotográfica presenta obras de Calos Gil e Hugo Fernández.

A actividade está organizada por GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.