Ata o 5 de abril pódese ver na Catedral de Mondoñedo unha exposición de pasos da Semana Santa mindoniense dos séculos XVII e XVIII.

Comeza a exposición no Cruceiro da Catedral que da acceso ao Claustro, con imaxes da Procesión do Santo Encontro: a Verónica, o San Xoán e O Nazareno.

Na Xirola da Catedral, na primeira capela, a de San Fracisco, estará a Reserva do Santísimo. Na Capela do Cristo da Boa Morte, a que atopamos a continuación, está o Cristo Xacente dentro da súa urna. Pertence á Procesión do santo Enterro.

Na terceira capela, na de de Santa Ana, atópase a Dolorosa da Procesión da Soidade e remata a xirola a capela do Ecce Homo no que se atopan as imaxes do Cristo da Columna e o Cristo de Medinaceli da Procesión do Prendemento.

Son pasos da Semana Santa dos séculos XVII e XVIII.