A Casa da Cultura de San Ciprián (Cervo) acollerá do 6 de abril ao 3 de maio unha exposición fotográfica sobre a rapa das bestas

O Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.

A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.