Cartón

Etiquetas:
09/09/2020

A Biblioteca Pública Municipal organiza un obradoiro de cartón que se desenvolverá o 19 de setembro. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos e o prazo de inscrición remata o día 17. As persoas interesadas xa poden anotarse na propia Biblioteca xa que as prazas son limitadas.

No obradoiro, que se celebrará na aula de usos múltiples da Casa da Cultura a partir das 11:00 horas, os asistentes construirán bonecos articulados que serven de títeres ou xoguetes, partindo dunhas tiras de cartón, que posteriormente adornará e personalizará cada neno e nena como queira.

Esta actividade, levada a cabo pola compañía Mircromina Teatro de Títeres, encádrase no programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de...

leer más
Etiquetas:
09/09/2019

A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal, organiza un obradoiro de cartón dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos.

A actividade terá lugar na Casa da Cultura o 28 de setembro ás 11:30 horas.

As persoas interesadas poden anotarse desde hoxe, 9 de setembro, e ata o día 20 deste mes na Biblioteca Municipal en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Neste obradoiro os participantes poderán construír personaxes, escenografías, obxectos e calquera outra cousa que se poida realizar a partir do cartón. Os asistentes só precisarán un marcador, tesouras, cinta de papel e unhas pequenas instrucións para darlle corpo ás súas ideas.

Este taller está incluído no programa "Ler conta moito" para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e...

leer más