En Burela terá lugar un obradoiro de cartón o 19 de setembro. Está dirixido a rapaces de 6 a 12 anos. A inscrición está aberta.

A Biblioteca Pública Municipal organiza un obradoiro de cartón que se desenvolverá o 19 de setembro. A actividade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos e o prazo de inscrición remata o día 17. As persoas interesadas xa poden anotarse na propia Biblioteca xa que as prazas son limitadas.

No obradoiro, que se celebrará na aula de usos múltiples da Casa da Cultura a partir das 11:00 horas, os asistentes construirán bonecos articulados que serven de títeres ou xoguetes, partindo dunhas tiras de cartón, que posteriormente adornará e personalizará cada neno e nena como queira.

Esta actividade, levada a cabo pola compañía Mircromina Teatro de Títeres, encádrase no programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais, da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.