Barreiros
O Concello de Barreiros abre as inscricións para o programa MoVernos no Verán 2025, con actividades deportivas para maiores de 12 anos que se desenvolverán do 16 de xuño ao 15 de setembro.
Haberá zumba, pilates, ximnasia de mantemento, ioga e espalda saudable e levarase a cabo nas localidades de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.
As inscricións para persoas empadroadas en Barreiros serán do 9 ao 11 de xuño (ata as 14:30 horas) e para persoas non empadroadas en neste municipio, a partir do 12 de xuño. As prazas son limitadas.
A Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento (Unesco Chair on Food, Culture and Development), que funciona desde la Universitat Oberta de Catalunya, celebra desde este luns, 9 de xuño, a súa oitava reunión científica internacional na Casa do Concello de Barreiros, canda a 49ª edición do mitin da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF).
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran na organización deste encontro científico que reunirá unha trintena de investigadores e expertos procedentes de todo o Estado español, Portugal e Brasil e México e no que analizarán asdinámicas sociais asociadas ao feito —e ao reto— cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global
A inauguración das dúas sesións de traballo, baixo o epígrafe...
leer másSan Miguel de Reinante, en Barreiros, acollerá o vindeiro 29 de xuño a xornada lúdica e deportiva DiversiPrix, organizada pola asociación Guillem Veiga Iglesias coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
Baixo o lema Como enredarnos como iguais, a asociación programa unha xornada lúdica con diferentes actividades (probas de puntería, obstáculos, un futbolín humano, xogos coperativos, de habilidade e lóxica ou xogos de mesa xigantes) pensadas para a participación de rapazas e rapaces con diferentes capacidades, creando equipos diversos que favorezan a convivencia.
Os grupos, formados por persoas con e sen diversidade funcional, realizarán un percorrido de cinco probas, distribuíndo as tarefas e colaborando para desenvolvelas de forma colectiva.
... leer másEsta fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de xuño, celébrase a romaría de Santo Estevo de Pagá en San Miguel de Reinante (Barreiros).
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e con chourizos e empanada gratis. Ás 18:00 horas actuará o grupo folclórico O Arco da Vella e ás 22:00 horas empezará a verbena co dúo Belinda e Disco Móvil The Sound Project.
O domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. Despois haberá degustación de chourizos e empanada gratis e sesión vermú longa a cargo do dúo Cover.
O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.
Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.
Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
As persoas interesadas en máis...
leer másO Concello de Barreiros anuncia que a partir do luns 2 de xuño abre a inscrición para facer uso do ximnasio municipal. Poderán tramitarse do 2 ao 10 de xuño ou a partir do 19 de xuño. A apertura oficial terá lugar o luns 9 de xuño cun horario que vai de luns a domingo, de 7:00 a 23:00 horas.
“Todas as persoas que formalicen a matrícula para este mes de xuño terán un desconto do 50 por centro sobre a tarifa a aplicar. Os impresos estarán dispoñibles no ximnasio, no Concello, e na web municipal (www.concellodebarreiros.gal), no apartado de deportes. Unha vez validada a inscrición os chaveiros que vos darán acceso as...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro este sábado, día 31 de maio. Será no Centro Social Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, de 17:00 a 20:00 horas.
“Nesta ocasión trasladámolo ao Centro Social Manuel Díaz Sampedro debido ás Xornadas Etnográficas da Mariña que se celebran nas Escolas Vellas durante todo o fin de semana. Recordámosvos que podedes asistir sen ningún tipo de compromiso, probar e pasar unha tarde diferente. O teatro comunitario é moito máis ca unha obra sobre un escenario: é encontro, é memoria compartida, é a voz dun pobo que se conta a si mesmo. A través del veciños e veciñas convértense en protagonistas da súa propia historia, fortalecendo os lazos que nos unen”, explica o Colectivo Cultural Ollomao.
A asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.
Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das xornadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro, que se reafirma como “un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense”.
O deputado de Mocidade, Daniel García, encadrou “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para estender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas xornadas sobre a...
leer másEste domingo, día 25 de maio, ás 19:00 horas o Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá a representación da obra titulada Profetas, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro.
O Concello de Barreiros anuncia: “escrita por Ernesto Is (gañador do XVI Premio Abrente de textos teatrais da MIT de Ribadavia en 2021), a obra está dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio e protagonizada por Elea López e Carlos Rebolo. A obra presenta a El e a Ela, unha parella que, despois de romper a súa relación, volven a atoparse para recordar ao longo dunha noite os vellos tempos. Neste encontro lembran os soños, os medos, os éxitos e os fracasos que compartiron, facendo balance da súa historia en común a través doutras historias do cinema e da literatura. Cuestións como o compromiso político e artístico, o amor e a creación...
leer másBarreiros acollerá un campus de fútbol organizado polo Celta, de Vigo, desde o día 28 de xullo ata o 1 de agosto. É para nenos e nenas de 5 a 16 anos.
“Chega unha nova edición do Campus do Celta en Barreiros. Por quinto ano consecutivo as nenas e nenos poderán disfrutar da diversión e a aprendizaxe co monitorado da Fundación Celta de Vigo”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “contamos coa colaboración dos clubs locais Celta Barreiros e Iberia, que ceden as súas instalacións para celebrar esta actividade, na que o Concello asume unha parte da matrícula das nenas e nenos empadroados”.