
A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental Prisciliano e a Gallaecia achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia. Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico. O venres 13 de novembro proxectarase en Barreiros e o domingo 15, en Burela.
A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental, “o primeiro que se realiza sobre a súa vida”, que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”
A Vicepresidencia da Deputación indica que “nas últimas semanas xa se realizaron as proxeccións-coloquios nos concellos de Sarria e Ribadeo. A actividade divulgativa inclúe tamén a creación dun podcast no que se afondará na afondará na biografía desta figura, na influencia do seu pensamento, así como no seu contexto e na relación de Prisciliano coa Gallaecia”.


