Barreiros
O Concello, a través do seu departamento de Servizos Sociais, organiza unhas charlas sobre o consumo responsable e o etiquetado alimentario, que se celebrarán os días 12 e 19 deste mes de decembro.
Estas actividades están incluídas no programa Decembro: mes da educación para un consumo responsable.
Mañá, día12, terá lugar a charla titulada Consumo responsable no Nadal. Será no centro sociocultural de San Cosme en horario de 11:00 a 12:30 horas.
E o 19 de decembro será a charla sobre Etiquetado alimentario, que se desenvolverá tamén no centro sociocultural entre as 11:30 e as 12:30 horas.
A Escola Galega de Consumo colabora co Concello de Barreiros na organización destas xornadas informativas.
O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.
Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.
O concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.
É a terceira edición dunha actividade exitosa e innovadora na zona: microteatro en bares. Trátase dun circuíto de pequenas representacións teatrais de breve duración, ben monólogos, ben pequenas obras de teatro de poucos participantes, que terán lugar a carón do mostrador dos bares e cafeterías barreirenses.
Tras dúas edicións nas cales todos os establecementes de hostalería de Barreiros tiveron a oportunidade de acoller algunha actividade de Ollomao, o colectivo barreirense lanza nesta ocasión unha convocatoria para que sexan os propios establecementos quen soliciten contar cunha destas representacións. O límite máximo está en dez locais, e o criterio para a selección é a orde de inscrición. Tras completar o número máximo xerarase unha lista de agarda por se se dera algunha baixa.
Os requisitos para que un...
leer másO grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.
A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.
Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.
O grupo de teatro Ardora poñerá en escena en Barreiros Amor filial, unha traxicomedia sobre as relacións entre as diferentes xeracións dunha mesma familia. Será o vindeiro domingo, 28 de outubro.
A representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:00 horas. Colabora coa institución provincial a Concellería de Cultura de Barreiros.
Os días 13 e 14 deste mes terá lugar o Trail Monte Comado. Trátase dun evento deportivo que está organizado por varias firmas coas que colabora o Concello de Barreiros.
O sábado 13 terá lugar a carreira de ½ km. en vertical. A saída será dende a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka, e a chegada ao alto do Monte Comado. De seguido celebraranse os trails infantís no cume do propio monte.
O domingo 14 desenvolverase o trail de 10 km e 28 km que estrea trazado, percorrendo puntos do concello como Cornería, Penabor, Santo Estevo do Ermo e Comado, entre outros.
O prazo de inscrición remata o 11 de outubro e pode facerse en montecomado.galitiming.com e mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
Os organizadores deste evento son: Casa Elena, Peña Barcelonista...
leer másO Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.
Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.
Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.
Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.
San Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.
O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.
... leer másA Concellería de Turismo convoca o 1º Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias.
A temática é libre e as imaxes presentadas terán que recoller a riqueza paisaxística, cultural, artística, etc… de Barreiros. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Concello, www.concellodebarreiros.com
As fotografías deberán presentarse no Concello de Barreiros, e a data límite de admisión de orixinais é o día 15 deste mes de setembro.
Esta primeira edición do Certame Fotográfico Barreiros, un mar de praias outorgará dous premios en metálico: 100 euros para o gañador e 50€ para o segundo.
A entrega de premios terá lugar 27 deste mes no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 12:00 horas.
As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...
leer más