Benvida

21/03/2022

Desde a organización sinalan que “coma tódolos anos dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terán lugar o vindeiro domingo día 27 de marzo en Mondoñedo.

A partir das 12:00h da mañá na Alameda de Mondoñedo inícianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con xogos infantís a cargo da Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo con Raúl á fronte.

Arredor das 13:30h plantarase a árbore na Alameda, momento no que se entregarán os premios aos carteis gañadores. Todos os que o desexen, poderán recitar poemas dedicados á Árbore ou á Natureza durante a plantación. Ademais, durante toda a tarde estarán expostos os debuxos participantes no “X Concurso de Debuxo da Árbore”, realizado no CEIP Álvaro Cunqueiro...

leer más
Etiquetas:
29/01/2015
 
Faro Ocio Norte nace en febreiro de 2015, despois de moitos meses de traballo, coa intención de contribuír a promocionar turística e culturalmente a comarca da Mariña luguesa para que as xentes desta zona e as que nos visitan saiban que facer cada día. 
As persoas que accedan a esta páxina web poderán atopar información sobre concursos, charlas, libros, eventos, teatro, tendas, gastronomía, exposicións, actividades deportivas e de ocio. Todo aquilo que se poida ver e do que se poida gozar na comarca da Mariña lucense. 
As institucións, asociacións, comercios e establecementos de hostalería e restauración que queiran dar a coñecer as súas actividades culturais e de ocio, as súas xornadas e/ou propostas poden facelas chegar á seguinte...
leer más