O Concello de Barreiros organiza un campamento infantil para esta Semana Santa

O Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.

As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.