Barreiros

21/04/2025

Barreiros acollerá este sábado, 26 de abril, o concerto titulado Percorrendo Castelao a cargo do grupo de cámara Lucus Ensemble. Terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

O Concello de Barreiros anuncia que se trata dun espectáculo “no que a música e a memoria camiñan da man para facer un percorrido pola vida e obra de Castelao, figura clave da historia galega. A formación lucense interpretará distintas pezas musicais que irán acompañadas de proxeccións audiovisuais con imaxes relacionadas evocando os primeiros traballos de Castelao e algúns dos fitos máis importantes da súa biografía, tanto no eido creativo como no político. O grupo Lucus Ensemble xa actuara en Barreiros no ano 2022 deixando moi boas lembranzas entre o público pola súa calidade musical e interpretativa...

leer más
16/04/2025

Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello de Barreiros, a través da biblioteca municipal, organiza un obradoiro de papiroflexia dirixido á cativada. A actividade terá lugar o martes 22 de abril de 16:00 a 17:30 horas.

Durante o obradoiro as nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística.

O obradoiro é gratuíto para todos os asistentes, pero é preciso inscribirse previamente na propia biblioteca ou a través do teléfono 982.124.106.

15/04/2025

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, organiza un obradoiro de teatro para este domingo, día 20 de abril, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante de 17 a 20 horas.

“Gústache a interpretación, pero tamén che gustaría crear a túa propia peza teatral, subir ao escenario esa fermosa historia da túa familia ou veciñanza que doutro xeito ficaría no esquecemento? Gústache o teatro, pero preferirías algo fresco e dinámico no canto de memorizar longos parlamentos? Non tes experiencia teatral, mais gustaríache explorar a expresión corporal, a voz, o poder da palabra e as emocións, o clown, a escoita, o drama ou a comedia? Se queres bucear na intrahistoria da Mariña, crear, desfrutar do teatro e formar parte dun grupo ben xeitoso, achégate. Estas son as verbas da nosa condutora, guía, mestra teatral Raquel López Cendán, para describir o...

leer más
04/04/2025

A décimo primeira edición da Carreira das Praias que se celebrará o día 13 de abril, domingo, en Barreiros, foi presentada este venres.

A proba, xa clásica no calendario de carreiras populares de primavera e segunda cita do Circuíto +kms Barreiros, conta con novo percorrido, con saída e chegada na praia de Coto. As inscricións para as distintas categorías da carreira como para a andaina suman xa preto de 300 participantes e estarán abertas ata o día 10 de abril na web maiskmsbarreiros.gal.

A organización destaca que “vai ser unha edición na que a praia sexa protagonista ao 100%, algo único que temos a sorte de poder disfrutar en Barreiros”.

A carreira está organizada pola asociación Praias de Comado e o Concello de Barreiros e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de...

leer más
03/04/2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe en Barreiros na presentación da terceira Festa do Veciño de Celeiro de Mariñaos, que se celebra este sábado, 5 de abril.

A cita está organizada pola asociación de veciños e veciñas desta parroquia e conta coa colaboración da Administración autonómica. O obxectivo é xuntar á veciñanza nunha cea de confraternidade seguida de actuación musical e baile.

A organización instalará unha carpa para albergar as actividades, que comezarán coa cea ás 21:30 horas.

Arias destacou que a Xunta coopera con multitude de asociacións lucenses para impulsar todo tipo de propostas que fomentan a unión veciñal e revitalizan os barrios e os núcleos de poboación.

Etiquetas:
02/04/2025

Barreiros contará desde o vindeiro mes de maio cun ximnasio municipal moderno, dotado de nova maquinaria e cun sistema de acceso que permitirá unha ampla dispoñibilidade horaria. Para amosar o seu funcionamento e promocionar o seu uso, o Concello prepara para o vindeiro mes de maio xornadas de portas abertas e actividades de fomento da actividade física e de hábitos de vida saudable, onde a maiores de descubrir este renovado servizo municipal as persoas usuarias poderán coñecer da man de distintos profesionais todos os beneficios que conleva a actividade física.

O concelleiro de Dinamización Veciñal, Dani García, explica que “a instalación presentaba múltiples deficiencias que provocaron o peche no seu día polo incumprimento das mínimas condicións técnicas esixidas para a actividade. Despois do estudo de distintos proxectos de reforma do...

leer más
Etiquetas:
30/03/2025

A mañá do domingo 6 de abril terá lugar unha nova andaina organizada por Guía tu Día.

Consistirá nun paseo guiado de 10km (dificultade baixa) bordeando a ría de Foz, pasando por lugares interesantes como a lagoa dos Patos, varios miradoiros con vistas á ría e a Foz, as fantásticas praias de Barreiros e o seu paseo marítimo. Falarase tamén de fauna e flora.

Durante o camiño farase unha parada para xantar de picnic. E a volta será tren. As mascotas tamén poden participar, unicamente deberán traer bozal para poder montar no tren.

Esta visita guiada ten un custo de 10€  persoa. Para máis información e reservas poden chamar á guía Ana no 654 99 68 57.

26/03/2025

O Concello de Barreiros, desde a Área de Igualdade, organiza un novo campamento infantil baixo o programa +Concilia Abril como medida de conciliación familiar durante o período non lectivo de Semana Santa. Trátase dunha actividade na que se ofertan 50 prazas e que se vai desenvolver no CEIP de San Cosme de Barreiros os días laborais comprendidos entre o 14 e o 21 de abril en horario de 9:30 a 13:30 horas. Poderán participar todas aquelas crianzas nadas do 01/01/2013 ao 31/12/2021.

As inscricións deberán presentarse no rexistro do Concello de Barreiros en horario de 9:30 a 14:30 horas ou a través da súa sede electrónica antes de que finalice o prazo, o 2 de abril.

Participar neste programa terá un custo de 5 euros para crianzas empadroadas no concello de Barreiros e de 20 euros para as non empadroadas.

... leer más
22/03/2025

No Concello de Barreiros foi presentada, en presenza da alcaldesa, Ana Ermida, do concelleiro de Deportes, Daniel García e do representante do club organizador, Club Barreiros Multisport, a I edición da Valkiria Race, un evento deportivo pioneiro na comarca que acolle varias probas competitivas de Pentatlón Moderno e unha carreira de obstáculos, e que espera reunir a máis de 800 deportistas ofrecendo un espectáculo sen precedentes en Barreiros.

O evento arrancará o sábado 20 de setembro cunha xornada competitiva do Campionato de España de Laser Run e outra carreira de Laser Run en modalidade de relevos da Liga Nacional de Clubs. E o domingo 21 disputarase a carreira de obstáculos, un desafiante recorrido de 10 km con máis de 38 obstáculos, integrada na Liga Nacional AOCO (Asociación de Organizadores e Clubs de Obstáculos de España), que...

leer más
Etiquetas:
20/03/2025

As Escolas Vellas de San Cosme de Barreiros (Anexo do edificio do Concello) acollerán o domingo 30 de marzo (19:00 horas) unha conferencia sobre os resultados do proxecto de escavación en Santo Estevo do Ermo, impulsada por Mariña Patrimonio, a Fundación Eira da Xoana e a Irmandade de Santo Estevo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

O director da escavación Francisco Alonso Toucido encargarase deste acto divulgativo en que fará  o balance das sondaxes e catas que realizaron o pasado mes de outubro, enfocadas en localizar os restos da igrexa e as cabanas das eremitas que fontes históricas escritas ubican neste lugar desde o século XII.

O deputado Daniel García, que visitou o xacemento nas últimas semanas xunto coa alcaldesa Ana Ermida, o concelleiro Dámaso Ratoeira...

leer más