Barreiros
La segunda etapa de la peregrinación a Santiago de Compostela organizada por la asociación Amigos Camino del Mar hará el recorrido de Barreiros a Fazouro este domingo, día 9 de marzo. Para participar hay que apuntarse antes del jueves.
La organización anuncia: “saldremos a las 9:15 horas del restaurante Asador, en Barreiros, en dirección a A Ponte Vella, de Fazouro (Foz). Esta etapa es de unos 19 kilómetros aproximadamente. Caminaremos por lugares que aparecen en la documentación histórica vinculada a la peregrinaciones en siglos pasados: capilla de A Espiñeira, Iglesia de Vilaronte, Capilla del Carmen, Basílica de San Martiño, Bispo Santo, Marzán,... y A Ponte Vella, cerca de la Iglesia de Santiago, de Fazouro. Sellaremos nuestras credenciales en un lugar emblemático de Foz, de la Mariña, de Galicia, y de España: en la Basílica de San...
leer másEste venres, día 28 de febreiro, dá comezo a programación da Feira do San Rosendo 2025 ás 20:00 horas coa segunda edición da degustación de tapas elaboradas a base de carne de poldro de Pura Raza Galega polos bares de San Miguel, financiada pola Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do seu programa Un gusto de rural, un rural degusto.
O sábado, 1 de marzo, haberá misa con procesión ás 13:00 horas, seguida da actuación da sección infantil da Agrupación Folclórica O Arco da Vella. Ao remate, sesión vermú co conxunto viveirense Escolma de Meus. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, disputarase un torneo aberto de billarda nas inmediacións da festa. Á noite, máis tapas de carne de poldro e verbena dende as 22:00 horas coa orquestra Los Satélites.
O domingo 2, día grande, a partir das...
leer másA actividade de Surf das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros abre o prazo de inscrición o vindeiro luns, 3 de marzo. Están dirixidas á rapazada de 8 a 16 anos e darán comezo o mércores 2 de abril na praia de Coto. Desenvolveranse ata o xoves 26 de xuño mércores e/ou xoves de 17:00 a 18:30 horas, con monitores titulados.
A folla de inscrición é a mesma que a empregada en setembro e está dispoñible na web municipal (...
leer másO Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, “unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades”. As actividades desenvolveranse os días 2, 5 e 7 de marzo.
Dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde “chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego”.
O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro Infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos....
leer másO Concello de Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que “pretende fomentar a lectura e a interacción social entre crianzas e persoas adultas. As actividades estarán coordinadas por Antía Yáñez, escritora mariñá de referencia”. As actividades darán comezo o sábado 22 de febreiro coa presentación do club de lectura e o primeiro dos biblioencontros, dirixido neste caso a crianzas de educación primaria que estará relacionado co Día de Rosalía.
O club de lectura estará dirixido a maiores de 16 anos e contará con 20 prazas con preferencia para as persoas empadroadas no Concello de Barreiros. A inscrición pode realizarse na biblioteca municipal de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas.
O concelleiro Daniel García resalta: “con estas actividades seguimos apostando pola...
leer másO día 22 de febreiro, sábado, ás 18 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros a historiadora mariñá Alba Díaz Geada compartirá nunha roda con labregos e labregas o seu traballo de investigación, no que recolleu testemuños de historia oral nos que se dá conta de estratexias de sobrevivencia e solidariedade labrega. Anúnciao o Concello de Barreiros, que engade: “o acto estará integrado no marco da celebración do Día de Rosalía, co recitado de poemas e degustación para as persoas asistentes do Caldo de Gloria”.
Colaboran nesta actividade a Asociación de Productoras Eo Alimenta, a Área de Medio Rural da Deputación de Lugo, o Concello de Barreiros, o Sindicato Labrego Galego e Através Editora.
A Xunta colabora coa terceira Festa do Cocido de Porco Celta que se celebrará en Carbarcos, no concello de Barreiros, o próximo sábado, 15 de febreiro. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, organizada pola comisión de festas deste núcleo.
A comida servirase baixo unha carpa no campo da festa. O cocido preparado coa carne de Porco Celta estará acompañado de verduras de produtores locais. Tamén haberá postos de venda ao público nos que se ofrecerán alimentos con certificados de calidade presentes na elaboración do menú, como o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta; as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Grelos de Galicia e Mel de Galicia; as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) de queixos do Cebreiro e Arzúa-Ulloa; así como os viños da DOP Ribeira Sacra.
Arias...
leer másSan Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebrará a festa e feira de San Rosendo os días 1 e 2 de marzo, sábado e domingo.
A Comisión de Festas San Rosendo, de San Miguel de Reinante (Barreiros) anuncia: “este ano volvemos a comezar a fin de semana cunha degustación gratuíta de tapas en base a carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega, que foi todo un éxito o ano pasado, nos bares de San Miguel.
O sábado celebrarase misa, actuación da sección infantil de O Arco da Vella, sesión vermú co grupo Escolma de meus, aberto de billarda e verbena coa orquestra Los Satélites. O domingo será o día grande con feira de artesanía e de gando, misa e sesión vermú co grupo folk Ardentía”.
Tamén destacan que “a festa será, coma sempre, en carpa cuberta e con laterais para que bailedes e non...
leer másAs actividades de dinamización organizadas polo Concello de Barreiros que estaba previsto que se desenvolveran desde este pasado día 3 tiveron que ser adiadas e darán comezo o luns 10 de febreiro en Reinante de 10:00 a 11:00 horas.
O Concello de Barreiros anuncia: “aproveita esta oportunidade para aprender a manexar mellor o teu móbil. Aquí resolveremos dúbidas sobre Whatsapp, a aplicación do Sergas, Catastro, e outras ferramentas que che facilitarán o día a día. Tamén aprenderás a recibir no móbil noticias do Concello e doutros lugares de interese. Aínda podes inscribirte a través da asociación de veciños de Reinante ou no propio Concello”.
Unha vez finalizada en Reinante, a actividade chegará a Celeiro de Mariñaos, Rilleira e Vilamartín Grande.
A escritora Lucía Ferro presentará o seu poemario titulado Laídos Cardíacos cun recital musicado que terá lugar en Barreiros este venres, día 7 de febreiro.
Este acto será no Bar Moderno, de San Cosme de Barreiros, ás 17:00 horas.