Vilamartín Pequeno, en Barreiros, celebra as festas na honra a San Xoán Degolado esta fin de semana, venres 19 e sábado 20 de xuño

A parroquia de Vilamartín Pequeno, no municipio de Barreiros, celebra as festas na honra a San Xoán Degolado esta fin de semana, venres 19 e sábado 20 de xuño.

As actividades comezarán o venres ás 23:00 horas con verbena amenizada polas orquestras Los Satélites e Grupo Beatriz.

E o sábado celebrarase a V Festa do Requesón. Ás 13:15 horas haberá misa solemne con procesión e a continuación sesión vermú amenizada polo grupo folclórico da Asociación Cultural Ledicia, de Burela, e o grupo Master. Ás 15:00 horas comezarán un xantar popular no Campo da Festa e a partir das 21:00 horas haberá churrascada gratuíta, con churrasco, panceta e chourizos de porco celta. Despois terá lugar unha verbena amenizada polo grupo Master e a charanga Louband.

A organización destaca que dispoñen de “amplos aparcamentos gratuítos, atraccións para os nenos e o campo da festa estará cuberto con carpa”.