Barreiros
Este xoves, día 18 de decembro, comeza o reparto do almanaque do Concello de Barreiros para o ano 2026, que recolle fotografías cedidas pola veciñanza “coas que se quere rememorar a nosa historia como pobo e poñer en valor o esforzo e a tradición de quen nos precedeu. Este ano queremos pechar o 2025, no que a música tradicional tivo un relevante papel tamén no noso concello, coa edición do calendario do 2026 centrado neste tema. Porque un pobo que canta é un pobo que vive, queremos ver un Barreiros vivo e dinámico! E mostrarlle ao mundo que sempre fomos un pobo de artistas”.
O Concello de Barreiros engade: “grazas a todas as persoas que nos cederon fotografías para poder ter na man este calendario. E pedimos desculpas de antemán se quedaron algunhas sen recoller ou utilizar, mais teñen cabida en vindeiras ocasións. Por razóns operativas os...
leer másA actriz Isabel Risco representará a comedia Nabiza Girl no municipio de Barreiros, concretamente nos Colexios Vellos de San Miguel, este sábado, día 20 de decembro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.
Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “este sábado, 20 de decembro, despedimos a programación de teatro deste último trimestre do ano cunha cita moi especial en Barreiros. Chega Isabel Risco coa súa icónica Nabiza Girl, un espectáculo cheo de humor, retranca e identidade galega: Pensabades que morrera, pero estaba de parranda! A máis importante superheroína galega está de volta, máis poderosa ca nunca, superando adversidades e aturuxando dende o cumio do Pindo. Nesta nova aventura, Nabiza Girl chega acompañada do seu fiel escudeiro Don Galizo para loitar contra as inxustizas e os problemas que asolagan a nosa terra. Isabel...
leer másEste domingo, día 14 de decembro, a compañía Lume Escénico representará a súa comedia titulada Activ@s en Barreiros. Será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme, con entrada de balde. É unha obra apta para público a partir de 12 anos.
O Concello de Barreiros anuncia que é “unha peza con moito humor que nos convida a reflexionar sobre o traballo, o descanso e iso que tantas veces chamamos o retido dourado. A cousa comeza cunhas simples preguntas: Non estaremos a traballar por riba das nosas posibilidades?, Estamos dispostos a perder o noso descanso?, O retiro dourado será unha utopía imposible de acadar? E como resposta, a Administración pon en marcha un plan experimental para manter o estado de benestar. Pero como todo o mundo sabe... os experimentos, con gaseosa”.
Barreiros acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 19:00 horas unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas realizadas no Feal da Paula e no castro de San Bartolo.
“Nas últimas semanas estiveron realizándose escavacións arqueolóxicas no Feal da Paula (San Miguel) e na zona do San Bartolo. Para coñecer os resultados das sondaxes e incluso ver algún dos restos atopados nas zonas escavadas, o equipo arqueolóxico organiza unha charla explicativa aberta ao público. Así que se tes curiosidade por saber que se esconde (arqueoloxicamente falando) na nosa costa, achégate o venres 12 de decembro ás escolas unitarias de San Cosme (a carón do Concello) ás 19:00 horas. Non perdas a oportunidade de aprender un chisco máis sobre a nosa historia!”, anuncia o Concello de Barreiros.
O Centro de Instrucción y Recreo (CIR) de Benquerencia, no municipio de Barreiros, organiza unha viaxe cultural á zona coñecida como Conca Mineira asturiana para este domingo, día 14 de decembro.
A saída será ás 07:00 horas desde O Canteiro. Inclúe almorzo nun restaurante en ruta, visita guiada ao museo da siderurxia (MUSI), espicha tradicional e xantar, e viaxe guiada a un ecomuseo.
Barreiros celebra o seu Mercadiño no Nadal este domingo, día 7 de decembro. Será na Praza do Concello e comezará ás 11:00 horas, cando abrirán os postos e actuará o grupo de gaitas da AF O Arco da Vella.
As actividades continuará ás 12 horas cun taller de Nadal sobre guirnaldas, con inscrición previa, e haberá música en directo con Two in the mirror.
De 12:30 a 14:30 horas farase unha degustación de elaboracións de porco celta (ata rematar existencias). Ás 17:00 horas comezarán uns obradoiros infantís de Nadal e dinamización infantil, ás 18:00 horas haberá Chocolatada de balde e ás 20 horas terá lugar un sorteo de cestas e pechará o mercadiño.
Durante toda a xornada haberá un posto de libros solidarios a prol da asociación Guillem Veiga Iglesias, de Barreiros.
O concello de Barreiros acollerá o día 3 de decembro, mércores, de 10:30 a 13:30 horas o stand Un mar de diversidade II, “unha proposta aberta á comunidade que invita á veciñanza a reflexionar sobre a diversidade e sobre a necesidade de avanzar cara a contornas máis accesibles”.
O stand forma parte do proxecto educativo Un mar de diversidade, impulsado pola Asociación Guillem Veiga Iglesias, que nos últimos dous anos percorreu centros educativos da Mariña Lucense “co obxectivo de fomentar o respecto, a empatía e o valor da diversidade desde idades temperás. Esta iniciativa puido desenvolverse grazas ao apoio do programa FEMPA da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP A Mariña-Ortegal. Nesta nova etapa, o proxecto da un paso máis e abre as súas portas á comunidade, saíndo a rúa e convidando a toda a veciñanza a mergullarse neste mar cheo de...
leer másA compañía teatral Tarabela Creativa representará obra Vaites rapariga! este sábado, día 22 de novembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros. A entrada é de balde.
É unha actividade organizada polo Concello de Barreiros, que anuncia: “un espectáculo de narración oral e música ao vivo, un auténtico western á galega”.
A sinopse é a seguinte: “non é preciso darlle moitas voltas: este é un western, deses do salvaxe Oeste. Salvaxe, pero non lonxano, ollo. Porque Carmen 'Lingua Afiada' Conde e Su Garrido 'Guitarra Lenta' Pombo únense para traernos as historias e as melodías do noso Noroeste. Onde as paisaxes galegas, os seus personaxes, o seu xeito de buscarse a vida, de enfrontarse aos conflitos e de explorar novas posibilidades teñen un aquel coas pelis de...
leer másCeleiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, celebrará un magosto este domingo, día 23 de novembro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú coa actuación musical da formación Dous de copas. A comida será ás 14:00 horas e haberá bolo preñado, empanada, xamón cocido, castañas asadas e sobremesa. Ás 17:30 horas farase unha chocolatada con música en directo.
Organiza esta actividade o colectivo Irmandade San Caetano.
O Concello de Barreiros, a través da súa Biblioteca Pública, pon en marcha para este Nadal os certames de debuxo e poesía infantil.
O de debuxo é “para a xente máis miúda (de 3 a 5 anos), unha única categoría e os debuxos faranse en cartolina A-4”.
E o de poesía é “para a cativada ata os 16 anos con 3 categorías: ata 8 anos; de 9 a 11; e de 12 a 16 anos. Os poemas deberán ser en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia”.
O Concello de Barreiros explica que “os traballos pódense presentar nos colexios de Barreiros ou entregalos na Biblioteca Pública Municipal ata o...
leer más












