San Pedro de Benquerencia, en Barreiros, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, días 27 e 28 de xuño

A parroquia de San Pedro de Benquerencia, no municipio de Barreiros, celebrará as súas festas patronais esta fin de semana, sábado 27 e domingo 28 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:30 horas con sesión vermú amenizada polo grupo Elebe 2.0, que tamén actuará na verbena xunto a DJ Xulio

E o domingo ás 11:45 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro Airiños do Mar. Seguidamente haberá procesión e despois sesión vermú co dúo Puma. Ás 15.00 horas comezará unha comida veciñal e despois do café comezará unha sesión de tardeo con DJ Xulio.

O campo da festa estará cuberto con carpa.