Carro Tarabelo
08/05/2026
Este sábado, día 9 de maio, será presentada na Pontenova a asociación Carro Tarabelo. O acto será ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
Os promotores de Carro Tarabelo explican que é unha asociación “creada dende o corazón para poñer en valor e compartir o tesouro máis grande que temos: a nosa historia, a nosa natureza e a nosa cultura. Queremos camiñar contigo, aprender xuntos e redescubrir as nosas raíces a través de rutas interpretativas, obradoiros tradicionais, charlas e moito máis... Agardámoste na nosa presentación oficial. É un acto aberto a todas as persoas que queiran sumar, coñecer ou simplemente compartir un anaco de ilusión”.



