Sagrado Corazón

17/02/2018

O vindeiro luns, 19 de febreiro, terá lugar no colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, unha xornada de portas para a dar a coñecer as instalacións, as actividades e o funcionamento do centro. Será de 10 da mañá a tres e media da tarde. 

O Sagrado Corarón atópase situado na rúa Carlos III, nº 4. O seu teléfono é o 982 128 415 e a web wwwcsagradocorazon.es 

Solidaridade
O pasado día 6 de febreiro levouse a cabo no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo a "Operación Bocata" na que participaron os rapaces de todas as etapas:  Infantil, Primaria e Secundaria. En total foron recadados 1600 euros que se doaron a Manos Unidas para loitar contra a fame a través da campaña "Comparte o que importa".