Camiseta

Etiquetas:
24/09/2018

Súmate á moda do Laranxa e o Negro. Esta tempada por tan só 50 euros podes facerte coa nova camiseta de xogo 2018-19 e a bufanda que asolagará a bancada de Vista Alegre nas grandes celebracións.

Xa podes facer o teu pedido na sede do Pescados Rubén Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta) tanto da primeira coma da segunda equipación.

Horario de atención ao público: De luns a xoves (10.00-14.00 horas //16.00-19.00) e venres (10.00-13.30 horas).

Etiquetas:
28/05/2015
A Peña Barcelonista San Miguel celebra asamblea de socios este sábado, 30 de maio. Ese día farán entrega tamén da "camiseta do verán".
A Peña Barcelonista celebra este sábado, 30 de maio, duas importantes actividades.
 
En primiero lugar, celebrarán a Asamblea xeral de socios, que será ás 20 h en primeira convocatoria e 20.30 h en segunda. Nela trataranse varios temas como elección de nova directiva, estado de contas, análisis das actividades levadas a cabo durante esta temporada, rogos e preguntas.
 
Máis tarde, todos xuntos verán por TV a final da Copa do Rei, agás os 6 socios que a peña terá no Camp Nou animando en directo ó Barça.
 
Estes dous actos celebraranse no Restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia (Barreiros) e ainda que a Asamblea é exclusiva para socios, dende a Peña animan a todo-los afeccionados barcelonistas a pasarse xunto deles para ver o partido e disfrutar dun gran ambiente barcelonista.
 
...
leer más