A Peña Barcelonista San Miguel celebra asamblea de socios este sábado, 30 de maio. Ese día farán entrega tamén da "camiseta do verán".

A Peña Barcelonista San Miguel celebra asamblea de socios este sábado, 30 de maio. Ese día farán entrega tamén da "camiseta do verán".
A Peña Barcelonista celebra este sábado, 30 de maio, duas importantes actividades.
 
En primiero lugar, celebrarán a Asamblea xeral de socios, que será ás 20 h en primeira convocatoria e 20.30 h en segunda. Nela trataranse varios temas como elección de nova directiva, estado de contas, análisis das actividades levadas a cabo durante esta temporada, rogos e preguntas.
 
Máis tarde, todos xuntos verán por TV a final da Copa do Rei, agás os 6 socios que a peña terá no Camp Nou animando en directo ó Barça.
 
Estes dous actos celebraranse no Restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia (Barreiros) e ainda que a Asamblea é exclusiva para socios, dende a Peña animan a todo-los afeccionados barcelonistas a pasarse xunto deles para ver o partido e disfrutar dun gran ambiente barcelonista.
 
Por outro lado, a Peña acaba de sacar a sua xa tradicional "camiseta do verán" e será entregada ós socios ese mesmo sábado. A peña dende hai 10 anos edita cada verán unha camiseta conmemorativa da temporada e nesta ocasión o diseño foi sacado a concurso, sendo o gañador do mesmo o Focense Aris Villarino, que presentou un magnífico traballo.
 
Finalmente como colofón a esta temporada, quedan dous actos máis, o vindeiro 6 de xuño unha xuntanza para ver por TV o partido da Final da Champions Legue e a fin de semana do 13-14 de xuño a asistencia á Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas que nesta ocasión organiza a peña amiga e veciña de Burela.