Balcóns

Etiquetas:
16/07/2019

O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de convocar o IV Concurso de decoración de balcóns e fachadas da cidade, baixo o nome ‘Florea o teu balcón’. A novidade na edición deste ano é unha categoría só para o rural, con dous premios e outra para o casco urbano, baixo a que se concederán catro premios.

O Goberno local vén de facer públicas as bases nas que indica que con esta iniciativa pretende poñer en valor os balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade. Oconcelleiro de Educación, Cultura e Novas Tecnoloxías,Alberto García,explica que grazas a este tipode iniciativas, xunto a outras moitas, Mondoñedo resultou gañadora do Premio Parabéns desta edición, concedido pola Xunta. 

Precisa que se trata dun concurso no que pode participar todo aquel que queira valorizar todo tipo de espazos, non só os nosos...

leer más
Etiquetas:
23/06/2017

Achégase o IV Ribadeo Indiano e con ese motivo Acisa e Concello convidan á cidadanía a embelecer a vila adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas. Acisa pide a colaboración dos seus asociados e o Concello engalanará algúns edificios públicos. O alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo, Ana Martínez, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez, presentaron a iniciativa esta mañá.  

O rexedor dixo: “aproveitando esta IV Edición do Ribadeo Indiano queremos convidar á cidadanía a embelecer o noso concello adornando con flores ou plantas os seus balcóns ou fachadas”.

Suárez Barcia sinalou que “o que pretendemos é poñer en valor os beneficios estéticos ambientais da recuperación dos balcóns e fachadas como elementos vivos da vila, porque detrás de cada...

leer más
Etiquetas:
01/09/2016
O 4 de setembro terá lugar en Mondoñedo a entrega de premios aos gañadores do I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas "Florea o teu balcón".
 
O Concello de Mondoñedo vén de facer público o fallo do xurado do I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. Os finalistas foron: Mª Ángeles Sánchez Armesto, da rúa Carroceira de Abaixo, 7; Concepción González Lamelas, de Fonte Vella, 4; Cristina Carracedo Doural, de Muíños de Arriba, 19; José Ramón Montenegro, de Espina, sita en Muíños de Arriba, 35; e Albina Iglesias Verdes, da avenida San Lucas, 6.
 
As tres veciñas que ocuparon os primeiros postos recibirán cadanseu diplomas e unha recompensa económica que ascende a unha contía de 200 euros para o primeiro posto; 200 euros para o segundo e 150 euros para o terceiro. A entrega de premios farase este domingo ás doce e mediua horas no salón de plenos do...
leer más
26/04/2016
O Concello de Mondoñedo convoca o I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas. O certame "Florea o teu balcón" estará aberto entre o 30 de abril e o 20 de maio.
 
O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca o I  Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. O certame, cuxa inscrición estará aberta entre o 30 de abril e o venres 20 de maio, foi dado a coñecer hoxe pola alcaldesa, a popular Elena Candia, e o concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández.
 
Ambos explican que o que se pretende é a posta en valor dos balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade, “porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”, engaden.
 
... leer más