Barreiros acolle a exposición “Fauna Esencial” ata o 10 de abril

Este venres, día 13 de marzo, tivo lugar en Barreiros a inauguración da exposición Fauna Esencial, da Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria.  Estará situada no salón do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ata o 10 de abril e o horario de visita é de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas, con entrada de balde.

O Concello agradece “a Abanca Corporación Bancaria e á Fundación Abanca que conte con Barreiros para achegar a cultura a concellos coma o noso”.