
O grupo de teatro Tiruleque, de Carballiño, representará a obra titulada A conspiración da piolla este sábado, día 24 de outubro, ás 20:00 horas nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante (Barreiros). O prezo das entradas é de 3 euros e venderanse desde media hora antes da función.
É unha representación incluída no ciclo de teatro amador organizado polo Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, que anuncia: “o grupo de teatro Tiruleque é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que vén desenvolvendo distintas actividades, con participación activa na cultura do Carballiño dende 1985. Presentan A conspiración da piolla”, que é “unha comedia de intrigas e sorpresas”.


