Paseos
O 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás.
Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio, estes tres guías autónomos volven unirse para seguir dando a coñecer xuntos as belezas e riquezas da zona.
O sábado 10 de xuño será o turno de #RedescubrindoFoz, no que Ana Pena (focega) e Guido Álvarez (neto de focega, de Vilaronte, e cun estreito vínculo co municipio) buscarán dar a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila sen deixar de lado a intención de sorprender ás propias veciñas e veciños que se animen a vivir a experiencia. Terá lugar de 11h a 14h e o punto de encontro e final...
leer másO Concello de Viveiro anuncia o comezo do programa de visitas guiadas que terá lugar ao longo dos fins de semana e festivos do mes de maio. A través dos percorridos polos distintos emprazamentos da contorna do Landro, darase a coñecer a importancia ecolóxica e cultural deste espazo de Importancia Comunitaria integrado na Red Natura 2000
En total son nove as xornadas con temáticas variadas pero un mesmo fío condutor. Deste xeito fanse complementarias.
As actividades teñen carácter gratuíto pero é preciso a reserva previa no correo electrónico: viveirovisitas@gmail.com onde tamén se pode consultar calquera información adicional como a distancia e a dificultade dos itinerarios.
“Animo a todos os veciños e veciñas a inscribirse e a participar....
leer másA Casa do Concello laurentina acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, que se unen ás que levan uns anos de percorrido en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dun proxecto da Mancomunidade de Concellos da Mariña no que colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, na súa intervención dixo que “dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son é turismo slow, aplicado ao turismo cultural, de natureza, gastronómico, entre outros, funcionen como produtos tractores da demando turística ao territorio”.
Cajoto sinalou...
leer más