Celia Rico
07/11/2026
A película titulada La buena letra, dirixida por Celia Rico, proxectarase en Barreiros este domingo, día 8 de novembro, ás 18:00 horas. Será nas escolas unitarias de San Cosme, a carón da Casa do Concello.
O Concello de Barreiros anuncia: “continuamos coa programación do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais, organizado desde a área de Igualdade no marco do programa +Igualdade Barreiros e promovido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Este domingo, 8 de novembro, proxectaremos a película La buena letra, dirixida por Celia Rico. Unha obra que nos convida a reflexionar sobre a memoria, a invisibilidade e as historias cotiás das mulleres no noso contorno rural e social.



