Acordeireta actuarán no Vicedo o 19 de agosto. Patricia González e Alejandro Balbuena ofrecerán un concerto moi variado de música galega.

Este xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.

Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.

Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.