O Concello de Cervo organiza actividades lúdico-deportivas nas redes, que se poden desfrutar en familia.

O Concello de Cervo, co obxectivo de tentar facerlle á veciñanza o máis levadías posible estas xornadas nas que todos temos que quedar na casa, puxo en marcha diferentes iniciativas lúdico-deportivas a través das redes, que tamén se poden desfrutar en familia.

Entre elas destacan os concursos de instagram e facebook, con diferentes propostas divertidas e que están a xerar gran interese, e tamén as rutinas deportivas que colgan regularmente na páxina de facebook que son impartidas polos monitores das Escolas Deportivas.

Desde o Concello sinalan: “aquí vos deixamos os enlaces a dúas das sesión que compartimos, e que todos poden facer desde as súas casas, porque pensamos que a exercicio é fundamental sempre, pero nestes tempos é imprescindible para poder manter a nosa mente e o noso corpo sans”.

https://www.facebook.com/328922863972/videos/3617781214962357/
https://www.facebook.com/328922863972/videos/1868225493485215/