Teatro

Etiquetas:
15/05/2024

O auditorio da Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra 'Ándale, Bon appétit!', a cargo de Teatro dos Ghazafelhos. O espectáculo terá lugar este sábado, día 18 de maio, ás 18:00 horas e a entrada terá un prezo de 3 euros. Poderanse comprar a partir das 17:30 horas do día da representación na propia Casa da Cultura.

O Concello de Burela explica que “a compañía escolleu México como escenario desta nova produción escrita por Pepablo Patiño, unha reposición da aclamada 'Bon appétit!', representada máis de 110 veces en toda Galicia. Nela tres divertidos chefs prepararán novos e deliciosos pratos que enderezarán con humor e acompañarán de personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Trátase dun espectáculo para público infantil e familiar, a partir de 6 anos, e é a produción número 29 da compañía naronesa desde o seu nacemento...

leer más
Etiquetas:
07/05/2024

O Concello de Foz presenta a súa programación cultural para os meses de primavera, que inclúe actividades musicais e teatrais.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia: “despois dun abril cargado de libros e letras, maio comeza con música cos combos da Escola de Música Arcadio Mon, que serán todos os venres deste mes ás 18.00 horas ao lado da escola, no paseo da Ribeira (en caso de mal tempo serán no CENIMA). Polo medio temos actividades coma a deste próximo venres, na biblioteca municipal, “lettering: debuxar letras”, para a que é necesario anotarse no teléfono 982.140.675, “unha actividade moi bonita para todos aqueles nen@s aos que lles guste facer caligrafías bonitas”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engade: “a continuación será a poetisa local Natalia Alonso a que nos dea Advertencias para un...

leer más
22/04/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá unha representación da obra teatral “Morte accidental dun anarquista”, do dramaturgo italiano Dario Fo. O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21:00 horas. Está dirixido a un público adulto. As entradas terán un prezo de 4 euros e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20:00 horas do día da representación.

Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos levan a escena esta peza de 1970 que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social. A obra “levaba tempo no noso ficheiro de posibles”, xa que “ben podería ser un retrato da actual situación do noso país”, sinalan dende Talía Teatro. “Trátase dun texto clásico cunha comicidade mordaz, absolutamente...

leer más
Etiquetas:
17/04/2024

Os días 25 e 26 de maio o Concello de Foz organiza unhas xornadas de iniciación ao teatro co actor Avelino González.  será na Sala Bahía o sábado 25 en horario de 10.30 a 13.30 e 16.30 a 19.30 horas. Haberá comida a mediodía. E o domingo a sesión será de 10.30 a 13.30 horas. O prezo é de 10 euros. É unha actividade para a que será necesario inscribirse, xa que as prazas son limitadas, na Delegación de Cultura, no teléfono 982.140.027, extensión 3, ata o día 6 de maio. 

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica: “é unha actividade que estamos moi felices de organizar, con alguén coma Avelino, que vive o teatro como o vivía o Poto, desde a alma. O que se busca é que a xente se anime a participar nos grupos de teatro afeccionado e desfrute da cultura do teatro, que é moi bonita”.

É a primeira actividade...

leer más
Etiquetas:
13/04/2024

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros representará a obra de teatro "O traballo de Andrea" o día 20 de abril, sábado, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Valadouro. A entrada é de balde.

Esta obra teatral é orixinal de Ignasi García Barba e foi adaptada por Ramón Casas Oroza.

Etiquetas:
09/04/2024

Sarabela Teatro chega o 12 de abril a Viveiro ás 20:30 horas coa comedia Made in Galiza. 

Sinopse
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da". Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!

A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de...

leer más
Etiquetas:
03/04/2024

O grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o Concello. 

Será ás 21:00 horas. O Centiño representará “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.

 

Etiquetas:
29/03/2024

Desde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.

O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.

Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas. 

E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea. 

 

Etiquetas:
19/03/2024

A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra de teatro de monicreques Güela-Güela, de Galitoon. Está dirixida a un público infantil e familiar e a entrada ten un prezo de 3 euros. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 23 de marzo.

Trátase dun espectáculo baseado na obra Concerto de aves, de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña. 

Etiquetas:
18/03/2024

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.

É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.