Teatro

Etiquetas:
16/01/2023

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, está a organizar a unha nova edición do obradoiro de teatro infantil.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.

Desde este martes queda aberto o prazo de inscrición ata o próximo venres 27 de xaneiro.

O obradoiro impartirase no Auditorio da Casa da Cultura e o horario estará determinado en función do número de nenos e nenas inscritos. A partir do luns, 30 de xaneiro, informarase aos anotados por vía telefónica.

Caramés destacou “o gran éxito que tivo ano tras ano esta iniciativa que se viu condicionada ultimamente pola pandemia, pero que recuperamos agora con moita...

leer más
Etiquetas:
12/01/2023

O espectáculo Cine Marabillas, de Raquel Queizás, presentarase en Alfoz o 28 de xaneiro, sábado, ás 18:30 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura.

É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz, que anuncia: “Ver para Ler. Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema...

leer más
Etiquetas:
09/01/2023

O local da antiga báscula de Marzán, en Foz, acollerá este sábado, 14 de xaneiro a representación teatral da obra titulada O terapeuta, a cargo do grupo focego Pico do Castro. Será ás 19:30 horas.

Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e asociación de veciños O Torques, de Marzán.

 

Etiquetas:
03/01/2023

Sarabela Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego presenta a súa obra Asemblea Xeral en Ribadeo este mércores, 4 de xaneiro. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. Os prezos das entradas son: menores de 12 anos, de balde; xeral, 10 euros; e persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas, 5 euros. E despois da función de Sarabela Teatro ás 19:00 horas diante do Teatro farase a xuntanza para ir cantar os Reis e pedir o aguinaldo coa asociación Amigos da Gaita.

Ademais para este xoves, 5 de xaneiro, a Asociación de Amigos da Cabalgata ten todo disposto para que as súas maxestades os Reis Magos percorran a vila e saúden ás nenas e nenos. Sairán ás 19:00 horas dende o hospital asilo.

 

Etiquetas:
02/01/2023

O coñecido actor galego Xosé Antonio Touriñán chega este sábado, 7 de xaneiro, a Burela con “Recortes, caneos e outras formas de driblar”. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura. 

Trátase dunha montaxe teatral que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de “Fariña, o espectáculo teatral” Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta "Recortes, caneos e outras formas de driblar" é unha viaxe...

leer más
Etiquetas:
18/12/2022

Na noite de onte, sábado, nun multiusos ateigado de público celebrouse a gala de entrega de premios do IV Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá. O premio Conde Santo á mellor representación, dotado con 750 euros, recaeu na obra E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo.

O premio Lourenzo, ao mellor actor, foi para Xulio Leal, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra. O premio Ana, á mellor actriz, logrouno Miriam Bouso, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor posta en escena levouno a obra Fátum, de Catre Teatro, de As Pontes. O premio ao mellor actor de reparto recaeu en Juan Rodríguez, de Ollomao, de Barreiros. O premio á mellor actriz de reparto estivo compartido polas actrices de Catre Teatro Mª José Alonso, Dolores Alonso e Carolina Díguele. E, por último, o premio especial do público foi para a obra Vivan...

leer más
Etiquetas:
15/12/2022

Pinocús Teatro chega a Viveiro este sábado, 17 de decembro, ás 18:00 horas con Pinconús. Será no Pastor Díaz. Con entrada libre ata completar o aforo. 

Sinopse: Un día calquera na estación de tren de Aquimesmo. Unha billeteira que ven e que vai. Un viaxeiro decidido a deixalo todo para chegar ao seu novo lugar de traballo. As indecisións dun viaxeiro que non sabe moi ben a onde ir. As estratexias dunha viaxeira que quere ser a única que colla o tren. O humor e a música xúntanse na escena para xogar unha espera de absurdos encontros e desencontros. Todo isto para chegar a ese lugar ao que todos queren ir, pero moi pouca xente se atreve, chamado Pínconús.

 

Etiquetas:
15/12/2022

O Bordelo presenta mañá, venres, na Casa da Cultura O covid do mariñán. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este venres, 16 de decembro, ás nove da noite no auditorio da Casa da Cultura temos a actuación do grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, que como sempre desde xa hai moito tempo presentan practicamente cada ano unha nova obra teatral e fana, por suposto, tamén en Burela”. 

O edil burelés explicou que “neste caso titúlase O covid do mariñán e promete ser, como todas as obras dirixidas polo gran Paco Piñeiro, divertida e para facernos rir a todos, que boa falta nos fai nestes tempos como estes, tan controvertidos”.

Participan na representación 6 actrices e actores e a duración será de 90 minutos. A entrada é de balde. 

 

Etiquetas:
09/12/2022

Hoxe, venres, chega á cidade do Landro o Grupo de teatro Down Lugo coa obra 21/3. Enmárcase no ciclo “Táboas cheas de emocións” da Vicepresidencia Deputación Provincial de Lugo. 

Será ás sete da tarde no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar aforo. 

Este grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos.

21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as súas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser...

leer más
Etiquetas:
03/12/2022

A obra Oceanía, que interpreta o famoso actor Carlos Hipólito, representarase en Ribadeo o día 10 deste mes, sábado, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Esta peza teatral é o testamento artístico e vital do prestixioso director Gerardo Vera, falecido de coronavirus en 2020. 

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

O actor madrileño Carlos Hipólito leva máis de 40 anos sobre os escenarios e ten unha amplísima traxectoria en teatro, cine e televisión. Leva 20 anos sendo o narrador da exitosa serie de TVE Cuéntame cómo pasó, na que ademais interpretou o papel de Carlos Alcántara...

leer más