Teatro
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros representará a obra de teatro "O traballo de Andrea" o día 20 de abril, sábado, ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Valadouro. A entrada é de balde.
Esta obra teatral é orixinal de Ignasi García Barba e foi adaptada por Ramón Casas Oroza.
Sarabela Teatro chega o 12 de abril a Viveiro ás 20:30 horas coa comedia Made in Galiza.
Sinopse
Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non resistiría ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas... Fronte ao "es que no me sale", "es que no se me da". Made in Galiza é un convite á República Independente da túa lingua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos "ao fin do mundo" e quen o proba o sabe!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo. Pensando nos nosos espectadores máis novos (a obra está presente como lectura obrigatoria nos centros de...
leer másO grupo Teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), reinicia as súas actuacións. Este sábado, 6 de abril, estará na Casa da Cultura de Trabada, dentro dos circuítos teatrais que organiza o Concello.
Será ás 21:00 horas. O Centiño representará “Trepa, Tripa e Tropa”, unha crítica sobre a forma de vivir e sobre os defectos humanos.
Desde Ollomao indican que “estamos arrancando a tope con actividades para esta primavera e para que non vos esquezades de ningunha, aí vos vai un resumo. Non están todas as que serán, pero sí as máis próximas. Na variedade está o gusto e temos para todos”.
O vindeiro domingo, 31 de marzo, ás 18 horas nas Escolas de Celeiro de Mariñaos terá lugar Botámoslle un conto? As rondallas de Celeiro.
Para o 7 de abril na Escolas Vellas de San Miguel de Reinante está previsto a presentación do obradoiro de teatro a partires das 17 horas.
E xa o 20 de abril Ollomao viaxará ata O Valadouro para representar O traballo de Andrea.
A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra de teatro de monicreques Güela-Güela, de Galitoon. Está dirixida a un público infantil e familiar e a entrada ten un prezo de 3 euros. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 23 de marzo.
Trátase dun espectáculo baseado na obra Concerto de aves, de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña.
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.
É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.
Redrum Teatro presenta a obra titulada #2pilgrims, con Sheyla Fariña e Guillermo Carbajo, en Burela este venres, 15 de marzo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas e as entradas teñen un prezo de 4 euros.
O Concello de Burela explica que é “unha comedia chea de sorpresas e momentos hilarantes que ten como obxectivo achegar, a través do humor, unha fonda reflexión sobre a igualdade e as novas masculinidades”.
“Queremos convidar ao público novo a reflexionar sobre o machismo que impregna a nosa sociedade”, sinalan dende a compañía. Por esta razón a obra forma parte da programación do Concello de Burela polo Día da Muller.
Redrum Teatro foi creada no ano 2009 por mozos e mozas procedentes do sector audiovisual e nace coa clara intención de ofrecer alternativas creativas que axuden ao desenvolvemento da...
leer másEste sábado, 16 de marzo, ás 20:30 horas Talía Teatro representará en Viveiro “Unha inimiga do pobo”. Será no Pastor Díaz.
O elenco artístico está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo E Xurxo Barcala
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se pon en...
leer másTarabela Teatro chega o sábado, 9 de marzo, a Viveiro con “Boa sorte, mala fama”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O elenco artístico está formado por Carmen Conde (narración oral), Mariña Pena (elenco) e Nastasia Zürcher (música ao vivo)
Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama,...
leer másO grupo de teatro A Adala, de Fazouro, representa a obra titulada “Marina Club” en Trabada este sábado, 2 de marzo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura.
Nesta actividade colabora o Concello de Trabada.












