Teatro

Etiquetas:
28/10/2023

O vindeiro sábado, 4 de novembro, continúan ao igual que nos anos anteriores todos os primeiros sábados de mes, as representacións teatrais na Casa da Cultura. A programación está organizada polo Concello de Trabada.
 
O grupo de teatro Ardora representará ás 21:00 horas a obra "Aire Fresco". Esta será a primeira das 8 obras de teatro programadas no marco deste ciclo ata o vindeiro mes de xuño co fin de achegar á cultura aos veciños e veciñas ademais de colaborar con grupos de teatro da comarca.

 

Etiquetas:
25/10/2023

A XX Mostra de Teatro Daniel Cortezón celebrarase do 27 ao 29 de outubro no auditorio municipal de Ribadeo. O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do dramaturgo ribadense, Mati González. 

A edil ribadense contou que “esta fin de semana (venres, sábado e domingo) terá lugar ás 20.00 horas no auditorio municipal a XX edición da Mostra de Teatro afeccionado, que leva o nome do insigne autor teatral ribadense Daniel Cortezón”.

Sanjurjo explicou que “desta vez dous grupos veñen de fóra da Mariña, un de Narón e outro de Pontevedra e o terceiro é veciño noso de Barreiros. Comezamos coa formación pontevedresa Avelaíña Teatro, que pon en escena este venres Almas na Gloria: don Paco, con texto de Manolo Ayán e dirección de Antonio Simón. Esta é unha historia vinculada ao autor...

leer más
Etiquetas:
25/10/2023

A asociación cultural Vota e Dálle organiza unha xornada de memoria histórica este domingo, 29 de outubro, no Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo).

As actividades comezarán ás 16:30 horas cunha conferencia titulada “Sobre guerrilleiras silenciadas na Mariña”, a cargo da escritora e investigadora Aurora Marco. Ás 18:30 o grupo de teatro Os Quinquilláns representará a obra “A señora de Forcadela” e ás 20:00 horas actuarán o grupo musical A Quenlla.

 

Etiquetas:
25/10/2023

Nova Escena Galega representará a comedia “A tortilla e a peste” o 28 de outubro  no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, ás 20:30 horas. 

Catro mulleres e un home contan a súa experiencia durante o confinamento. A privación de contacto, o illamento e a distancia fan que as cousas cotiás, como facer unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados á realidade a través do finísimo fío da tecnoloxía. 

 

Etiquetas:
25/10/2023

Avelaíña Teatro presenta a obra 'Almas na Gloria: Don Paco' na Casa da Cultura de Burela este domingo, día 29 de outubro. O espectáculo comezará ás 19:00 horas e a entrada é gratuíta.

A obra trata como Francisco Fernández del Riego -Don Paco- e outras destacadas figuras da cultura galega rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023. Os protagonistas da obra lembran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras en 1963.

24/10/2023

O día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.

As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.

 

Etiquetas:
24/10/2023

O grupo teatral O Torqués, de Burela, presenta a obra titulada ‘ODT-TIVE’ na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 28 de outubro, ás 19:00 horas. A entrada é de balde.

É unha actividade organizada pola Asociación de Veciñ@s de San Román (O Vicedo) ao abeiro do Ciclo de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A sinopse da obra é a seguinte: “o Señor Godofredo de Bouillón foi asasinado no seu estudo (un recinto pechado por dentro). Atopado o corpo polo criado, xorde entón a seguinte incógnita: se o señor Godofredo foi asasinado de 23 puñaladas, cómo non hai unha soa mancha de sangue no lugar? Un inspector de renome é convocado para dar resposta a este misterioso asasinato. Quen o introducirá nos detalles do crime será o criado da casa onde se cometeu o crime. A impericia e a falta de...

leer más
Etiquetas:
24/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.

Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.

24/10/2023

A compañía Avelaíña Teatro presenta a obra ‘A Lola’ no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, en Ferreira do Valadouro. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas con entrada de balde.

A sinopse da obra é a seguinte: “a Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista. O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da Segunda República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936). A súa trama está determinada polo que se denomina o pasado non ausente; ou sexa, polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe segue a determinar as vidas e as condutas de varias xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma. David e Teresa, mozos abertos aos...

leer más
Etiquetas:
23/10/2023

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta a obra teatral “O traballo de Andrea” nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 27 e 31 de outubro e 1 de novembro.

“O traballo de Andrea” é unha obra orixinal de Ignasi García Barba, traducida e adaptada por Ramón Casas Oroza.

As representacións serán o venres 27 de outubro ás 22:00 horas, o martes 31 ás 20:30 e o mércores 1 de novembro ás 19:30 horas. O aforo é limitado e a entrada ten un prezo de 4 euros.