Teatro
O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá sete representacións durante os meses de febreiro e marzo
O Concello de Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para os meses de febreiro e marzo de 2025, que comezará o propio día 1 de febreiro.
A primeira representación desta programación será 'Ándale! Bon appétit!' da compañía Ghazafelhos Teatro, unha comedia dirixida a a un público infantil a partir de 6 anos.
As representacións continuarán con ‘Desexo’ de Talia Teatro o 8 de febreiro, ‘As Gardiás’ de Teatro de Ningures o 15 de febreiro, ambas para público adulto.
En marzo será a quenda de ‘As formas do amor’ de Verdeveras o día 1, ‘A Cincenta que non quería comer perdices’ de Sarabela Teatro o 8, ‘O mundo máxico de Pinocho’ de Educa Teatro o 15, e ‘Los hombres que no mienten’ de Teatro Andanzas o 22.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández...
leer másEste domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo.
O Grupo de Teatro A Adala Futura, de Fazouro, porá en escena Rosalía Café a partir das 19 horas na Escola de Vilaframil.
Mañá, sábado, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acollerá a presentación do libro Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo. No acto intervirán tamén Carlos Méixome Quinteiro e Mario López Rico. Esta actividade está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!
Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.
A representación terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro, segundo informa a Delegación de Cultura.
Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e a figura central desta proposta escénica para a infancia, con texto de Paula Carballeira, coa dirección de Fina Calleja e con Mónica Camaño e Cris Collazo en escena.
Sinopse
A obra presenta a un Castelao de 8 anos e na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación da audiencia co protagonista da nosa trama. Culturactiva Producións propón unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai.
A representación desta comedia terá lugar o 14 de decembro, sábado, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
A venda de entradas está aberta ata o xoves no teléfono 982560162,en horario de 9 a 14,00 horas e no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es ou na billeteira unha hora antes da función.
Sipnose: O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous subdirectores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..Testosterona fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por que?
A autora...
leer másTrátase dun espectáculo didáctico dirixido ao público familiar. Dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro. A duración será de 50 minutos.
Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e xogar co efecto sorpresa son as claves deste espectáculo.
Catro son os elementos que definen este concerto didáctico e familiarque busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e quea senda da creación continúe a medrar.
Foz continúa esta fin de semana, do venres 29 de novembro ao domingo 1 de decembro, coa súa ampla programación cultural, con dúas representacións teatrais e un concerto.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz é sinónimo de investimento cultural. Esta fin de semana volve a ser intensa, con actividades todos os días e para toda a familia” e especifica: “este venres comezamos coa representación teatral Invisibles, de Redrum Teatro. Será na Sala Bahía ás 20:30 horas, con entradas a 5 euros. Invisibles é todo o que non queremos que sexan os casos de violencia contra a muller. Por iso traemos esta obra con fonda mensaxe social. O sábado ás 20.00 horas na Sala Bahía a Banda de Música de Foz celebrará o seu concerto de Santa Icía, para facernos desfrutar a todos da boa música. Este ano os...
leer másSerá no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Nuñez e Sete Eiroa
Sipnose: Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.
Noso é a nova peza teatral para adultas de Os Náufragos Teatro, unha dramedia familiar...
leer másEste domingo, día 1 de decembro, ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros será representada a obra teatral “Novo Amencer” a cargo do grupo Achádego, de Lugo.
O Concello de Barreiros explica que “todas as persoas estamos un pouco perdidas, buscando algo ao que aferrarnos e que lle dea sentido as nosas vidas, o problema é que hai moitas opcións e non sempre escollemos a axeitada. Novo Amencer é unha comedia que pon o foco nas falsas crenzas, nos líderes de barro, na inocencia e naqueles que se aproveitan dela para o seu propio beneficio. Unha divertida crítica distópica ambientada nunha comunidade moi peculiar na que non hai ninguén normal, como na vida mesma”.
A entrada será de balde e ata completar aforo.