Os Baluros representarán este sábado, 24 de setembro, en Burela a obra "O Menciñeiro á forza". A función enmárcase no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo.

Os Baluros representarán este sábado, 24 de setembro, en Burela a obra "O Menciñeiro á forza". A función enmárcase no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo.
 
A Concellería de Cultura presenta este sábado, 24 de setembro, ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de ao grupo de teatro de Castro de Rei Os Baluros, que representarán a obra O menciñeiro á forza. Esta función enmárcase dentro do proxecto teatral educativo Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo.
 
O grupo dos Baluros comezou a súa andaina con Xosé Manuel Carballo a máis algúns dos seus compoñentes actuais, alá polo ano 1974 coa peza Coser e cantar de Trapero Pardo. Seguidamente pasaron a representar Menciñeiro a xasteirazos, obra que ao ser publicada na Colección O Moucho trocou en O Menciñeiro á forza. Seguiron a esta obra pezas como Vaise pechar  outra casa máis, Bo Nadal, Recobrou o sorriso Eleuterio e Noite de Lobos.
 
Ao longo destes anos foron pasando polo grupo unhas 50 persoas, superando o número de 250 actuacións que se fixeron por toda Galicia, Madrid, Barcelona e Hospitalet. Para esta edición de Buxiganga recuperan a súa obra máis representativa, O menciñeiro á forza, participando nesta ocasión 4 dos actores que xa a interpretaran hai 41 anos.
 
O menciñeiro á forza...
Sinopse: Marta é a muller de Nicasio, un xornaleiro bonachón. Ela provócao e el acaba por zoupala, pero sen facerlle dano. Como Marta coñece a bondade do seu marido, sabe que este vaina querer recompensar. Por iso que maquina unha vinganza: facerlles crer aos criados do Don Xulián, que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla, que Nicasio é un dos mellores que hai. Os criados levan a Nicasio pola forza a ver a Engracita, a cal perdeu a fala non se sabe porque mal. Pero todo é ficticio, o que pretende Engracita é que seu pai  a deixe casar co seu mozo e non con quen Don Xulián ten planeado. Ao final todo acaba ben,  pero no se pode contar máis.