O Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo achega 34 actuacións teatrais á comarca da Mariña de xuño a outubro.

O Goberno da Deputación ofrece dende os meses de xuño a outubro 104 actuacións de grupos teatrais en 44 Concellos da provincia co Buxiganga. Trátase da iniciativa posta en marcha polo Executivo Provincial para dinamizar a actividade cultural nos municipios, cun orzamento de 40.000 euros, e para dar a coñecer e promover a actuación de grupos de teatro afeccionado lucenses.

Buxiganga está dirixido tanto aos municipios da provincia que solicitaron a celebración de actuacións, como ás asociacións sen ánimo de lucro que teñen entre as súas finalidades a promoción da cultura. En concreto, nesta edición participan 34 Concellos e 30 asociacións que acollerán as actuacións de 35 grupos teatrais da provincia.

A programación teatralcomeza mañáás 12:00 horas no salón de actos do CEIP Albeiros de Lugo da man da súa ANPA no que Alentía Teatro representará a obra Manancial de fantasía. E ás 17:30 horas no centro social da parroquia de Carballo, no Concello deFriol, a Asociación Carballo Vivo acollerá a representación da peza clásica A ola de ouro do grupo Pinchacarneiro. Máis información de datas e horarios enwww.deputacionlugo.gal. 

Distribución das actuacións por zonas
Son 44 Concellos da provincia os que acollerán 104 actuacións de grupos teatrais lucenses co Buxiganga da Deputación. A distribución por zonas é a seguinte.

A Mariña: son 34 espectáculos teatraisen 15 Concellos. A distribución é a seguinte: Riotorto 2; A Pontenova 1; Ribadeo 3; Trabada 2; Barreiros 4; Foz 5; Lourenzá 2; Alfoz 2; Burela 2; O Valadouro 2; O Vicedo 3; Viveiro 3; Xove 1; Cervo 1; e Ourol 1.

Terra Chá: son 19 espectáculos teatraisen 7 Concellos. A distribución é a seguinte: Pol 4; Castro de Rei 3; Guitiriz 2; A Pastoriza 1; Vilalba 4; Xermade 2; e Begonte 3

Comarca de Lugo: son 19 espectáculos teatraisen 7 Concellos. A distribución é a seguinte: Castroverde 4; Lugo 3; O Corgo 4; Friol 2; Guntín 1; Outeiro de Rei 3; e Rábade 2. 

Comarca de Sarria: son 11 espectáculos teatraisen 4 Concellos. A distribución é a seguinte: O Incio 2; Láncara 2; Samos 1; Sarria 6; .

Comarca da Ulloa: 1 espectáculo teatral en 1 Concello. A distribución é a seguinte: Monterroso 1.

A Montaña: son 3 espectáculos teatrais en 2 Concellos. A distribución é a seguinte: Navia de Suarna 1; As Nogais 2.

Lemos e Chantada: son 17 espectáculos teatrais en 8 Concellos. A distribución é a seguinte: Bóveda 3; Monforte de Lemos 2; Quiroga 2; Pantón 2; O Saviñao 2; Sober 2; Ribas de Sil 2; Carballedo 2.