O grupo O Batán, de Foz, representará o 12 de outubro "Bicos de vinagre" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación da comedia Bicos de vinagre, a cargo do grupo O Batán de Foz este sábado, 12 de outubro, ás 20:30 horas.

A obra de Francisco Piñeiro González, dirixida por Mª Paz Rodríguez Silva, está dirixida a todos os públicos, e conta as relacións entre país e fillos e a desestruturación da familia tradicional. Cando os fillos marchan da casa non sempre se comportan cos país como deberían, e os país, a miúdo, empregan aos fillos como parapeto tralo que agochar os seus propios defectos.

A representación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.