O Concello de Burela organiza un rastrillo de libros o 23 de abril

O Concello de Burela celebra o Día do Libro cun rastrillo de libros na praza da Mariña. Terá lugar o propio día 23 de abril, martes, de 17:00 a 19:30 horas. Nel poderase intercambiar, mercar e vender libros para darlles unha segunda vida.

Todas as persoas, tendas e asociacións que queiran poñer un posto neste mercado poden apuntarse a través do correo electrónico cultura@burela.org.